luns, 29 de setembro de 2014

Os grupos de whatsapp

Quen non utiliza whatsapp, quizais a aplicación de telefonía móbil máis popular da actualidade?
Unha aplicación gratuíta, instantánea e que se pode enviar multimedia.
Unha das súas funcións son os grupos de whatsapp onde as persoas que forman parte do grupo intercambiar mensaxes, podendo participar todos á vez na conversación.
Os grupos de whatsapp estendéronse entre as nais e pais dos alumnos e en todas as clases existe o "grupo de whatsapp de mamás de clase"

Estes grupos son moi prácticos xa que:
  • Intercámbiase e coméntase información referente á clase e aos nenos: sobre os deberes, estudos...
  • Pásanse noticias que poden ser importantes para todos: charlas, reunións, noticias do colexio...
  • Utilízanse como unha forma de organización e de poñerse de acordo: os aniversarios, os disfraces, traballos en grupo...
Pero por desgracia, en moitos casos, o uso do "grupo de whatsapp de pais e nais" deixa de ser positivo como o era ao principio porque:
  • Fanse críticas destrutivas cara aos profesores: que se manda moitos deberes, que se mandan poucos, que se berra moito, que se é moi brando, que se é moi duro...
  • Noutros casos as críticas diríxense cara ao resto de pais, os que non están no grupo...
  • Ás veces nos grupos sobe o nivel e das críticas ao profesorado e ao centro educativo, pásase ao insulto, á mentira ou á calumnia...
  • Cuestiónase o labor do profesor ou do centro: que se o director, que se o xefe de estudos, que se o colexio...
As consecuencias  disto non son nada boas:
  • Pouco a pouco todo se enfoca cara ao lado negativo.
  • Créanse malos entendidos 
  • Xérase resentimento cara ao profesorado e cara ao centro
  • Créase unha imaxe negativa do centro e dos profesores dos nenos
O que temos que ter claro que o que está en xogo é a educación dos seus fillos e na educación dos seus fillos ou os profesores son os seus colaboradores ou non existirá unha verdadeira educación polo tanto é conveniente que:
  1. Utilicen o whatsapp axeitadamente. Iso quere dicir, úseno para intercambiar información, organizarse... estar informado.
  2. Se forma parte dun grupo de whatsapp e comezan a utilizarse inadecuadamente, é dicir, criticar, poñer en cuestión, murmurar... intente cortalo dicindo que ese uso non é adecuado, que iso non beneficia aos seus fillos ......
  3. Abandone o grupo se o intento de cortar o mal uso non foi eficaz xa que será cómplice por omisión do que no grupo xera
  4. Calquera queixa que teña sobre a educación dos seus fillos non a trate de solucionar nin no whatsapp, nin a porta do colexio nin na cafetaría........ FALE CO PROFESOROs profesores, como profesionais, lles darán os seus argumentos e creánme, que se están equivocados, a maioría adoita rectificar e cambiar: ninguén quere ter problemas coas familias.
Así que a recomendación é que cando participe nos grupos de whatsapp do colexio dos seus fillos pense se o seu emprego beneficia a súa educación.

venres, 26 de setembro de 2014

Técnicas de Modificación de Conduta

Un dos grandes retos dos pais e nais é tratar de cambiar condutas non desexadas dos seus fillos.
As técnicas de modificación de conduta fundaméntanse nas teoría da aprendizaxe, segundo as cales a conduta depende das súas consecuencias:
  • toda conduta que ten unha consecuencia agradable tende a repetirse
  • toda conduta que non é seguida dunha consecuencia agradable tende a perderse.
En base a esta máxima: se algo nos agrada, se alguén nos eloxia o que facemos, se nos premian a nosa acción, se eloxian o que dicimos, se nos rin, se nos fan unha caricia.. REPETIMOS;
é pola contra, se quedamos desgustados, se critican o noso comportamento, se nos berran ou nos insultan, se non sacamos ningún beneficio do que facemos, se o que facemos nos prexudica ou nos fai dano....ABANDONAMOS.
Ase pois as técnicas de modificación de conduta son un conxunto de estratexias que utilizan o reforzo e o castigo para establecer ou incrementar as condutas desexadas e reducir ou eliminar os comportamentos non apropiados.
 Podes mirar as principais técnicas de modificación de conduta picando na imaxe

sábado, 20 de setembro de 2014

Síndrome de Asperger

A Asociación Galega de familias de persoas afectadas pola síndrome de Asperger: ASPERGA ten un tríptico que explica con toda claridade as características da síndrome de Asperger:

A SÍNDROME DE ASPERGER é un trastorno de orixe neurolóxica enmarcado nos Trastornos de Espectro Autista que se caracteriza por:

1.- Déficits na linguaxe verbal e non verbal.
- Teñen ben preservada a linguaxe pero non comprenden frases de dobre sentido, ironías e chistes : a súa comprensión é moi literal.
- O seu vocabulario é ampio, formal e preciso e soen usar formas extraídas da linguaxe adulta ou das
películas.
- O ton de voz é plano, monótono, inexpresivo.
- Presentan hieratismo corporal, xestualidade inapropiada.
- Non captan o sentido das miradas, xestos, tons e inflexións de voz dos interlocutores.

2.- Déficits na comunicación social.
- Serias dificultades para a conversa social: charlar, debater. Tamén ñas habilidades comunicativas básicas: respectar quendas, seguir o fío da conversa.

3.- Alteracións na reciprocidade social.
- Ausencia de iniciativa na interacción social. Mirada evasiva, periférica.
- Dificultades para relacionarse, ter amigos, participar conxuntamente e os iguais. íllanse.
- Difícilmente comparten os intereses, afectos, normas e convencións sociais dos demais.

4.- Intereses limitados e absorbentes.
- Os seus intereses son moi restrinxidos, raros e absorbentes. Soen acumular moita información acerca
dos mesmos. Poden ata cansar ao interlocutor sen chegar a decatarse.

5.-lnflexibilidade mental e comportamental.
- Excesiva adhesión aos propios puntos de vista e opinións; non teñen en conta as dos demais.
- Necesidade de que todo permaneza invariable; serias dificultades para tolerar os cambios e adaptarse a eles.
- Presenza de rutinas e comportamentos ritualistas.
- Baixa tolerancia á frustración.

6.- Déficits na teoría da mente.
- Dificultades para atribuirlle aos demais estados mentáis: como ideas, intencións, emocíóns ou estados de ánimo, así como para comprender o impacto das súas palabras e actitudes sobre os outros.
- Difícilmente se senten mobílizados para corresponder con actitudes de comprensión, apoio ou solidariedade fronte aos demais.

7.- Frecuentemente teñen torpeza motriz.
- Forma peculiar de andar e moverse; son torpes ñas tarefas e na execución dos actos.
- Embarúllanse coas cousas máis fáciles.

8.- Trazos do seu perfil cognitivo.
- Son "pensadores vísuais": apóianse en imaxes para pensar e comprender; tendo serias dificultades para
pensaren abstracto.
- A súa atención céntrase nos detalles, non captan a globalidade de obxectos e situacións.
- Son bos sistematizadores; sendo competentes en todo o que se rexe por regras
- Acotío presentan serios problemas de atención.
- Teñen dificultades para planificar e organizar os seus pensamentos, comportamentos e tarefas; para
utilizar a información necesaria para a acción; para elaborar argumentos coherentes e para supervisar o seu comportamiento durante a acción.

9.-A cotío teñen hipersensibilidade sensorial.
- Moléstalles o barullo, os ruidos; as texturas, etc.

10.- Dificultades de aprendizaxe.
- Dificultades na comprensión e na expresión; para resumir e sintetizar textos, abstraer ideas, e deducir; para organizar o material e as tarefas; necesitan moitísimo tempo e axudas para aprender os temas e facer os deberes.

As persoas con Síndrome de Asperger son honestas, leáis e incondicionais ñas súas relacións; son inxenuos e transparentes. Teñen serias dificultades para gobernar a súa vida; para seren autónomos Teñen bos puntos fortes sobre os cales basear o seu desenvolvemento para o que precisan da colaboración de todos nos.

QUE FACER CANDO SE SOSPEITA QUE UN NENO/A PODE TER SÍNDROME DE ASPEGER:
- Comunicarllo ao titor/a, e aos país, observar o comportamiento na casa e na escola, colaborar xuntamente familia e profesorado, sopesar a conveniencia da intervención do orientador/a cara a tomar as medidas oportunas para unha valoración ou diagnóstico.
- Ter ao corrente ao médico/a de familia.


mércores, 17 de setembro de 2014

Funcións executivas nos nenos e nenas con TDAH

Os nenos e nenas con TDAH presentan dificultades na súa intelixencia executiva
"A intelixencia executiva é a que organiza todas as demais intelixencias e ten como obxectivo dirixir ben a acción (mental ou física), aproveitando os nosos recursos cognitivos e emocionais"(JA. Mariña).

Permítenos:
  • Conseguir metas a futuro
  • Ser autónomos
  • Ser responsables
  • Ter tesón e perseveranza
  • Saber soportar o esforzo e aguantar as molestias
  • Saber postergar a gratificación inmediata
O mal funcionamento das FE nos nenos e nenas TDAH fai que no colexio sexan nenos que:
  • Non apuntan as cousas na axenda
  • Non saben cando hai exames
  • Falan en clase polo que traen notas negativas
  • Pola súa impulsividade sáltanse pasos importantes nunha tarefa
  • Non son conscientes dos seus erros mentres fan as tarefas
  • A pesar de aprenderse o contido dun exame, no momento non se activa a súa información en memoria de traballo
  • Mala expresión escrita polas súas dificultades de organización e planificación
Exemplos do mal funcionamento executivo dos nenos TDAH:

INICIACIÓN
  • Escusas para postergar o inicio da tarefa
  • Parece non escoitar cando se lle fala
  • Nega que algunha das tarefas sinaladas haxa que facela (mentira por evitación do esforzo).
  • Búscase unha escusa e monta unha rabecha
  • Xusto ten que facer algo moi importante
  • Necesita que lle digan que empece a facelo aínda que está disposto
MEMORIA DE TRABALLO
  • Non recorda o que ten que facer
  • Non recorda como o ten que facer
  • Non recorda para cando o ten que facer
  • Non apunta as cousas na axenda
  • Ante instrucións longas esquécese a metade
  • Esquécese o que estaba a facer
INHIBICIÓN
  • No medio do seu traballo distráese e non sabe como seguir
  • Interrompe os demais
  • Di cousas inesperadas
  • Cústalle frear os seus propios actos
CAMBIO

  • Non acepta as correccións e monta unha rabecha
  • Moléstase cando lle cambian os plans
  • Non acepta suxestións
  • Di as mesmas cousas unha e outra vez
PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN
  • Cústalle seguir as instrucións que se lle marcan
  • Dificultade na organización da tarefa
  • Deixa todo para o último momento
  • Non sabe o que é prioritario
  • Esquéceselle entregar a tarefa aínda que a teña feita
  • Non sabe calcular o tempo que lle levará facer algo
DEBEMOS AXUDALOS A DESENVOLVER A SÚA INTELIXENCIA EXECUTIVA PARA QUE SEXAN CAPACES DE AFRONTAR CON ÉXITO O SEU PROCESO DE APRENDIZAXE:
  • Facer material e visible o tempo mediante reloxos, cronómetros...
  • Facer material e visibles as normas claras e concretas
  • Facer material e visible a motivación
  • Fragmentar as tarefas
  • Dar tempos de descanso
  • Deixar na mesa soamente o necesario
  • Moito reforzo positivo
RESULTA FUNDAMENTAL
  • Coñecer o funcionamento neuropsicolóxico do neno con TDAH
  • Non é unha cuestión de vontade. Ningún neno "decide" ter dificultades porque el quere. Se as ten é porque carece dalgunha habilidade importante.
  • Compensar as súas dificultades executivas ( por exemplo, supervisar que apunte todo na axenda), como o facemos con nenos con outro tipo de dificultades (nenos que ven mal poñémoslle lentes).
  • O neno non ten capacidade de reflexionar sobre o que lle pasa se non o axudamos.
  • O neno debe crer na súa capacidade. É obriga dos adultos inducir esta crenza - xustificada- nos nenos
OS OBXECTIVOS SON:
  • Adestralos de maneira que poidan chegar a ser autónomos e responsables
  • Que poidan afrontar os desafíos escolares de xeito reflexivo e asertivo
  • Que poidan ser pro-activos, proporcionarlles posibilidades, empurralos á acción, a proxectar, ensinalos a emprender
  • Que aprendan a coñecerse así mesmos (os seus puntos fortes e os seus puntos débiles)
*Documentación obtida das Xornadas TDAH: Actuacións de coordinación institucional e intervención educativa" celebradas en Cangas do Morrazo os días 24 e 25 de xaneiro de 2.014.


domingo, 14 de setembro de 2014

Dificultades de aprendizaxe

¿Que son as dificultades de aprendizaxe?
Unha dificultad de aprendizaxe é un trastorno neurolóxico. Un xeito sinxelo de explicar a natureza dun problema de aprendizaxe é que provén dunha diferenza na forma en que os "cables" do cerebro están "conectados". Aínda que os nenos/as con dificultades de aprendizaxe son tan intelixentes ou máis intelixentes que os compañeiros/as da súa idade, se se lles educa mediante os métodos convencionais de ensino e aprendizaxe, ou se se lles deixa sós para resolver certos problemas e entender certas tarefas, pode que teñan dificultades para ler, escribir, deletrear, razoar, recordar e/ou organizar información e as matématicas.
¿Cales son os sinais dunha dificultade de aprendizaxe?
Non hai ningún sinal único que indique que unha persoa teña un problema da aprendizaxe.
  • Pode ter problemas en aprender o alfabeto, facer rimar as palabras ou conectar as letras cos seus sons;
  • Pode cometer erros ao ler en voz alta, e repetir ou deterse a miúdo;
  • Pode non comprender o que le;
  • Pode ter dificultades con deletrear palabras;
  • Pode ter unha letra desordenada ou tomar o lapis torpemente;
  • Pode loitar para expresar as súas ideas por escrito;
  • Pode aprender a linguaxe en forma atrasada e ter un vocabulario limitado;
  • Pode ter dificultades en recordar os sons das letras ou escoitar pequenas diferenzas entre as palabras;
  • Pode ter dificultades en comprender bromas, historietas cómicas ilustradas, e sarcasmo;
  • Pode ter dificultades en seguir instrucións;
  • Pode pronunciar mal as palabras ou usar unha palabra incorrecta que soa similar;
  • Pode ter problemas en organizar o que el ou ela desexa dicir ou non pode pensar na palabra que necesita para escribir ou conversar;
  • Pode non seguir as regras sociais da conversación, tales como tomar quendas, e pode achegarse demasiado á persoa que o escoita;
  • Pode confundir os símbolos matemáticos e ler mal os números;
  • Pode non poder repetir un conto en órden (o que aconteceu primeiro, segundo, terceiro); o
  • Pode non saber onde comezar unha tarefa ou como seguir dende alí.
Consellos par pais e nais
  • Aprenda máis sobre os problemas da aprendizaxe. Mentres máis sabe, máis pode axudarse a si mesmo e ao seu neno.
  • Eloxie o seu neno cando a el ou ela lle vaia ben. Os nenos con problema da aprendizaxe renden ben nunha variedade de cousas. Descubra cales cousas lle gustan ao seu neno, tales como bailar, xogar fútbol, ou traballar cos ordenadores. Déalle bastantes oportunidades ao seu neno para perseguir as súas fortalezas e talentos.
  • Descubra como o seu neno aprende mellor. Aprende por medio de experiencias prácticas, ou por medio de mirar ou escoitar? Axude ao seu neno a aprender por medio das súas áreas de fortaleza.
  • Deixe que o seu neno axude coas tarefas domésticas. Estas poden aumentar a súa confianza e destrezas concretas. Manteña as instrucións simples, divida as tarefas en pasos pequenos, e recompense os esforzos do seu neno con eloxios.
  • Faga as tarefas escolares unha prioridade. Lea máis acerca de como pode axudar ao seu neno a ter éxito coas tarefas.
  • Poña atención á saúde mental do seu neno . Estea disposto a recibir asesoramento, o cal pode axudar ao seu neno a tratar coas frustracións, o cal sentirse mellor acerca de si mesmo e aprender máis sobre as destrezas sociais.
  • Fale con outros pais cuxos nenos teñen problemas da aprendizaxe. Os pais poden compartir consellos prácticos e apoio emocional.
  • Reúnase co persoal escolar e axude a desenvolver un plan educacional para tratar coas necesidades do seu neno. Planifique as acomodacións que o seu neno necesita.
  • Estableza unha relación de traballo positiva co mestre do seu neno. Por medio da comunicación regular, poden intercambiar información sobre o progreso do seu neno na casa e na escola.
Consellos para mestres e mestras
  • Aprenda o que máis poida sobre os diferentes tipos de problemas da aprendizaxe.
  • Descubra cales son as potencialidades e intereses do alumno e concéntrese nelas. Proporcione ao alumno respostas positivas e bastante oportunidades para practicar.
  • Revise os arquivos de avaliación do alumno para identificar as áreas específicas nas cales ten dificultade. Fale co Orientador da escola.  Acomode a enseñanza para tratar as necesidades especiais do alumno. Algúns exemplos inclúen:
    • Dividir as tarefas en etapas máis pequenas e proporcionar instrucións verbais e por escrito;
    • Proporcione ao alumno máis tempo para completar o traballo escolar ou probas;
    • Use con estes rapaces as novas tecnoloxías
    • Ensine destrezas para a organización, destrezas de estudo, e estratexias para a aprendizaxe. Estas axudan a todos os alumnos, e en particular a áquellos con problemas da aprendizaxe.
    • Traballe cos pais do alumno para crear un plan educacional especial para cumprir coas necesidades do alumno. Por medio da comunicación regular con eles, poden intercambiar información sobre o progreso do alumno na escola.

Recursos
http://www.ldonline.org/features/espanol

martes, 9 de setembro de 2014

Un novo compromiso: A volta ao cole

Os recordos das vacacións xa se van quedando atrás e agora o momento esixe un novo desafío para a familia: o ingreso ou a volta ao colexio, á escola.

Todo iso supón máis disciplina, cumprimento de horarios, compra de roupa , de libros, e unha infinidade de compromisos que esixen un esforzo tanto para os fillos como para os pais.

Para moitos deles a entrada ou a volta ao colexio representa un cambio demasiado radical.

Ano tras ano a situación repítese, o que supón un considerable esforzo para reaxustala. A adaptación ou a readaptación é un proceso que adoita durar aproximadamente unha semana, partindo da hipótese de que o ambiente escolar e familiar sexa o adecuado. Todo dependerá da actitude que teñan os educadores e os pais. Ambalas partes terán que estar preparadas para transmitir aos nenos unha impresión positiva do que representa ir ou volver ao colexio, e apoiarlles na transición das vacacións ás clases.

As vacacións permiten a que os nenos estean máis relaxados, sen présas para irse á cama, sen ter que madrugar, etc. Por iso, cando volven ao colexio eles pasan de non ter tantas obrigacións a ter que estudar, facer deberes, etc. É un cambio que provoca algunhas alteracións. De agora en diante, volver ao colexio suporá un gran esforzo que ao paso dos días irase amenizando.

O mesmo ocorre cos nenos que irán ao colexio ou á gardería por primeira vez. Pasan de estar máis en casa para compartir ambiente con outros nenos e a estar baixo a responsabilidade doutras persoas e doutras regras. Aparte dos horarios, o neno poderá enfrontarse tamén a outros cambios. Poida que teñan novos profesores, novas materias. En todos os casos, o ánimo dos pais debe ser esencialmente positivo para o fillo.

Tanto para o ingreso como para a volta á escola , é fundamental que o neno conte co apoio e o ánimo dos seus pais. É necesario que se críe un ambiente familiar favorable en casa para que o neno senta máis seguro e máis apoiado para adaptarse ao novo ritmo de vida. O comportamento que teña o teu fillo é moi comprensible. Eles reaccionan aos cambios do mesmo xeito que nós, os adultos. É como cando imos a un traballo por primeira vez. Pómonos nerviosos, ansiosos, e aos nenos pásaselles o mesmo, aínda que o exteriorice e manifeste dunha forma distinta.

Por esta razón, os pais deben falar cos nosos fillos acerca da nova situación, transmitirlles confianza, pedirlles a súa colaboración e a súa comprensión, e demostrarlles os seguros e tranquilos que estamos de que eles se vaian ao colexio. É necesario destacar os cambios positivos que o novo cotián traeralles, como tamén participar de preto de todo o proceso, é dicir, comprar os libros e forralos con eles, ordenar a roupa , e acompañalos ao colexio polo menos durante a primeira semana.

En resumo, que os pais falen cos seus fillos das súas capacidades, ilusións, habilidades e expectativas cara a esta nova etapa, contribuirá a que os nenos sentan arroupados e capacitados a saír adiante ante as dificultades que se lles poidan presentar, fomentando así a súa autoestima. O único que non se poden facer os pais é esixir que todo sexa perfecto e marabilloso desde o primeiro día.

 

sábado, 6 de setembro de 2014

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 20014-2015

1.-TIPOS DE AXUDAS
         1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
                   • TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
                   •  Discapacidade
                   •  Trastorno grave de conduta.

         1.2.- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas

         1.3.- Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades

2.-REQUISITOS
        2.1.-Para axudas directas e subsidios:
                    • Ter necesidade educativa asociada a discapacidade ou trastornos graves de conduta acreditado por:
                          *Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou polo Departamento de Orientación do Centro
                   • Requisitos económicos:
                                   *Existe umbral de renda e patrimonio
                    • Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.

        2.2.-Altas capacidades:
                   • Certificado del Departamento de Orientación acreditando a alta capacidade

3.-CLASES DE AXUDAS E CUANTÍAS
         3.1.-Axudas directas
                   Aínda que hai outras clases de axudas (ensinanza, transporte interurbano, residencia escolar, transporte fin de semana, trasporte urbano, libros e material específico) a maioría do alumnado do Celso Emilio poden pedir as seguintes:
                ·         Reeducación pedagóxica e de linguaxe cun límite de 913 € e levarán:
                                 o   Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade da reeducación
                                 o   Certificación acreditativa do custe mensual do servicio expedido polo centro reeducador
              ·         Comedor escolar….ata 574 €
 
3.2.-Subsidios
         Os subsidios por necesidades educativas especiais soamente pódese pedir para transporte interurbano, urbano e no caso do noso centro para comedor escolar (ata 574 €)

3.3.-Altas capacidades
·         Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade desta axuda
·         Certificación acreditativa do custe mensual do servizo expedido polo centro que o preste
·         A axuda será dunha cantidade máxima de 913 €

4.-MODELO DE SOLICITUDE
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”

Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.

No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio


5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o día 30 de setembro de 2014

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-7403
 
TODA A INFORMACIÓN E ACCESO ON LINE:   http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html      

Non dubidedes en consultar co Orientador do Centro

venres, 5 de setembro de 2014

O Departamento de Orientación

Quen somos?
O Departamento de Orientación é un servizo de atención ao alumnado e de asesoramento permanente ao profesorado e as familias da nosa comunidade educativa.
  Está composto por:
  • O Orientador que organiza e xestiona o relacionado co Departamento 
  • A especialista en Audición e Linguaxe: Potencia as habilidades comunicativo-lingüísticas e intervén nos problemas da linguaxe e comunicación
  • A especialista en Pedagoxía Terapéutica: Traballa co alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
  • Coordinadores/as de ciclo. Representan ao profesorado  do centro.
Cales son as principais funcións? 
  • Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar e avaliar programas específicos de intervención
  • Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e a prevención de dificultades e problemas de apendizaxe.
  • Ofrecer soporte técnico ao profesorado
  • Participar na elaboración do Proxecto Educativo do Centro, incidindo na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, nos principios de avaliación e na adecuación dos criterios de promoción.
  • Apoiar e asesorar ao alumnado para afrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade.
Cando podedes solicitar as familias a nosa intervención?
Cando exista un problema ou precisedes asesoramento sobre:
  • Aprendizaxe escolar
  • Ciumes entre irmás
  • Problemas de conduta
  • Dificultade na linguaxe
  • Control de esfínteres
  • Separación ou divorcio
  • Adopción
  • Técnicas de estudio
  • Dúbidas na educación dos vosos/as fillos/as
Cando vos podemos atender?
Poderémosvos atender todos os días, agás os venres, de 9 a 10 e os martes de 17,30 a 18,30 horas previa cita a través dos seus fillos/as ou do teléfono do colexio.