domingo, 26 de outubro de 2014

O neno e a tele

Hai 5 tipos posicionamentos dos pais ante o control do visionado da televisión dos seus fillos:
  1. MEDIACIÓN AUSENTE: Os pais non exercen control algún sobre o que os seus fillos ven na televisión, a cantidade e os horarios: non se formularon a idea de facelo e se, nalgún momento puntual falaron de facelo, nunca o levaron á práctica (frases tipo: "este neno ve moita televisión, tería que ver menos" "lle vou a prohibir a tele como non aprobe.... "
  2. MEDIACIÓN DESFOCALIZADA: Os pais realizan unha avaliación moi xeneralizada, compártese o visionado da televisión pero sen realizar ningún comentario dos programas que se están a ver
  3. MEDIACIÓN RESTRICTIVA: Os pais establecen normas e controlan a televisión en termos de tempo e programas
  4. MEDIACIÓN EVALUATIVA: Os pais discuten e critican os programas cos nenos
  5. MEDIACIÓN CONTROLADA: Os pais restrinxen, ven algúns dos programas que ven os seus fillos e avalíanos con eles
Os pais debemos decidir o tipo de mediación que estamos dispostos a poñer en práctica sabendo que o peor que podemos facer é cambiar permanentemente dunha a outra. Elixamos unha e sexamos constantes e regulares. Esta constancia será boa para os fillos porque saberán a que aterse e adaptaranse ás normas da familia.
É evidente que o mellor é intentar seguir algunha mediación o máis próxima á 5ª pero o importante é elixir unha que poidamos poñer en práctica e que sexamos constantes con ela

"Mi hijo y la televisión" de Jesús Bermejo Berros (Pirámide)

sábado, 18 de outubro de 2014

Cambio de conduta: Reforzo positivo

Un dos grandes retos dos pais e nais é tratar de cambiar condutas non desexadas dos seus fillos.As técnicas de modificación de conduta fundaméntanse nas teoría da aprendizaxe, segundo as cales a conduta depende das súas consecuencias:
  • toda conduta que ten unha consecuencia agradable tende a repetirse
  • toda conduta que non é seguida dunha consecuencia agradable tende a perderse.
En base a esta máxima: se algo nos agrada...., se alguén nos eloxia o que facemos..., se nos premian a nosa acción..., se eloxian o que dicimos..., se nos rin..., se nos fan unha caricia... REPETIMOS; é pola contra, se quedamos desgustados..., se critican o noso comportamento... se nos berran ou nos insultan..., se non sacamos ningún beneficio do que facemos..., se o que facemos nos prexudica ou nos fai dano....ABANDONAMOS.

Ase pois as técnicas de modificación de conduta son un conxunto de estratexias que utilizan o reforzo e o castigo para establecer ou incrementar as condutas desexadas e reducir ou eliminar os comportamentos non apropiados.
As principais técnicas de modificación de conduta son:

1.-PARA INCREMENTAR CONDUTAS
Reforzo positivo:
· Eloxio
· Atención
· Contacto físico
· Recompensas e privilexios
. A lei da aboa
2.-PARA DIMINUÍR CONDUTAS
Extinción
Custo de respostaIllamento
3.-COMBINADOS
Economía de fichas e Contrato de conduta
REFORZO POSITIVO
O bo comportamento, a disciplina, depende máis das consecuencias positivas que se derivan del que do medo aos castigos; polo tanto, é un erro identificar disciplina con emprego exclusivo do castigo.
É moi importante prestar atención e reforzar as condutas adecuadas que normalmente nos pasan desapercibidas. Se só se responde ás malas condutas, tal e como facemos con moita frecuencia, créase un círculo vicioso de “mal comportamento” mantido pola atención do pai/nai.
Exemplo: Está comprobado que é moi eficaz eloxiar o comportamento de estar sentado/a, mentres que ordenar repetidamente sentarse aumenta a frecuencia de estar de pé.
Requisitos de aplicación:
· Identificar claramente o comportamento correcto
· Aplicar o reforzo positivo inmediatamente despois da emisión da conduta adecuada.
· Aplicar o reforzo frecuentemente.
REFORZO POSITIVO: O ELOXIO
Premisas para a súa correcta aplicación:
· Debe ser descritiva: Nomearase con claridade a conduta , especificando aspectos concretos: “Luís, está moi ben o de recoller os papeis do chan”, “Grazas por axudarme a limpar a mesa”, “Paréceme xenial que compartas as cores co teu irmá”...
· Pero tamén é conveniente combinar estas loanzas específicas coas de tipo xenérico: “Síntome orgulloso de ti”
· Debe incluír comentarios positivos e motivadores para o neno ou nena: “Paula, fixeches un traballo excelente no exercicio de matemáticas: os números están perfectos e as columnas ben ordenadas”.
· Deben eloxiarse os comportamentos positivos, manque sexan pouco importantes ou nos parezan normais e non dignos de mención, tales coma: atender, estar quietos...
· O eloxio debe ser sincero, centrándose só no que está ben feito. Se está ben parte da tarefa e a outra mal, loarase a parte positiva e logo diráselle o que está mal e debe repetir: “A cama está ben feita, agora tes que limpar ben o chan”.
· O tono do eloxio debe ser agradable e é moi importante evitar a toda costa calquera tipo de sarcasmo ou comentario negativo, coma por exemplo: “Menos mal que acabaches facendo a cama” “Luís, hoxe comiches todo, case non o podo crer”
· Non deben incluír nunca referencias a unha mala conduta pasada do alumno/a: “Bo traballo, Manuel, non sei por que non o fixeches así de ben antes, non coma o que fixeches outro día...”
· Débese cambiar a loanza para evitar a monotonía: “Está moi ben, é orixinal, gústame...”

REFORZO POSITIVO: A ATENCIÓN
A atención que se lle presta aos nenos e nenas é un reforzador moi poderoso, por iso cómpre estar moi atentos/as para non empregala de forma continxente a comportamentos inadecuados, contribuíndo a aumentalos ou perpetualos. Nestes casos é preferible a retirada sistemática de atención.
Procedementos para prestar atención ante condutas positivas:
Mirar ó neno/a
Sorrirlle
Facerlle un comentario rápido ou preguntarlle algo
Manter con el unha conversa breve
Realizar xunto con el algunha actividade
Etc.

REFORZO POSITIVO: O CONTACTO FÍSICO
Tamén é un reforzador moi potente, especialmente cos nenos/as máis pequenos/as.
Formas de contacto:
Sentarse preto do neno/a
Sentalo/a nos xeonllos
Abrazalo/a
Bicalo/a
Facerlle cóxegas
Palmada cariñosa
Participar co neno/a en xogos que implican contacto físico (Por exemplo, subir a cabalo)

REFORZO POSITIVO: RECOMPENSAS E PRIVILEXIOS
Pautas para a correcta utilización:
Identificar as recompensas e privilexios apropiadas para cada suxeito, dado que os que son reforzantes para uns/unhas poden non selo para outros/as. Un bo método para acertar consiste en observar que reforzos escolle cada individuo libremente: xogar ao fútbol, uso dun determinado xoguete, ler contos, escoitar historias que conta o/a profesor/a...
Non fomentar o uso de chantaxes por parte do neno/a: non se pode reforzar o abandono dunha conduta inapropiada que o/a neno/a emite só para obter recompensas por deixala.
-“Manuel, séntate inmediatamente”
Manuel rise e sigue de pé pola cociña
-“Manuel, se te sentas douche un cromo”
Manuel séntase
As recompensas deben darse sempre inmediatamente despois da emisión da conduta desexada, nunca antes. Non serve de nada a administración do reforzo ante a promesa de realizar logo a conduta desexada: “Se me prometes facer logo os deberes, déixoche ver a tele”.
As recompensas e privilexios deben ser usados consistentemente, xa que o cambio de conduta non acostuma a ser inmediato, leva un tempo.
As recompensas e privilexios deben variarse para evitar a habituación
Deben darse en proporción á importancia e á dificultade das condutas que se queren premiar.
A LEI DA ABOA
Consiste en esixirlle ao neno/a que faga algo que non lle gusta como condición indispensable para conseguir algo que lle gusta: “Poderás comer a torta cando comas o pescado”, “ Se rematas o exercicio de matemáticas poderás ver a tele”, “Non poderás saír ao patio ata que recollas as túas cousas”
Esta lei funciona mellor se as consignas se dan de forma positiva e tranquila, non de maneira impositiva, berrando ou alterados, xa que provocan reaccións negativas nos suxeitos. Non se debe dicir:“¡Tes que rematar a tarefa para poder saír!”, “Os teus compañeiros xa están fóra, ti sairás cando remates”....

Na próxima publicación escribirei sobre as "técnicas para extinguir ou diminuír o comportamento inadecuado (Extinción, illamento, custo de reposta e perdida de privilexios) e se non me alargo moito escribirei tamén sobre as técnicas combinadas de modificación conductual (contratos de conduta e economía de fichas)
Déixovos un vídeo  para que mediteis


xoves, 16 de outubro de 2014

Recordo un artigo no País moi interesante: "EL CACHETE DUELE, PERO NO FUNCIONA"

*Moita xente ve na faluza algo eficaz pero utilizado de forma moi puntual e como último recurso, para marcar claramente un límite a un neno ou a un preadolescente.

*Outros rexéitano xa que "Se non o xustificamos no ámbito da parella, por que si cos nenos, que están indefensos?"

*Falamos soamente da pequena faluza xa que os que reciben golpes máis severos (exemplo co cinto) si están condenadas e case ninguén as defende, polo menos en voz alta pero unha faluza "a tempo" está amplamente aceptado a nivel social

* Cando chegou o límite? Cando a hora de utilizar o último recurso? Como se sabe que non foi demasiado? Hai moitos matices que convén ter en conta, xa que non é o mesmo a faluza puntual que tomalo como norma cada que vez que se queira conducir o menor

*O filósofo José Antonio Marina defende dar unha faluza pero ""sempre nun contexto de cariño e non nun arrebato de nervios" O xuíz de menores de Granada Emilio Calatayud dixo en numerosas ocasións que o azoute se pode dar sempre que sexa no momento oportuno e coa intensidade axeitada. Pero é moi difícil que se dean estes contextos, no 90 % dos casos van acompañados de berros, de ameazas, de intentos de humillar ao menor

*A faluza  explicitar a impotencia e a incapacidade do adulto", di o pedagogo e doutor en Ciencias da Educación Joan Josep Sarrado. Así o percibe o neno e, polo tanto, víveo como unha "vinganza" do pai ou da nai, e non pode ter efectos educativos positivos, asegura

*A faluza ten efectos a moi corto prazo pero a longo prazo, o que acontecerá é que probablemente o pai terá que aplicalo cada vez con máis frecuencia para obter o mesmo resultado

*Sempre oímos que non se traumatiza" aos nenos" "para toda a vida". A cuestión, non obstante, é que convén descartar castigos físicos, simplemente, porque "son innecesarios non teñen ningún obxectivo educativo", e non funcionan", é dicir, non van corrixir o comportamento do menor.
*Pero as outras ferramentas requiren tempo, esforzo e paciencia. "En educación, nada se improvisa". Os procesos de diálogo, de comunicación, de respecto deben empezar moi pronto, canto antes.

*Moitos pais quéixanse de que non son pedagogos e que non saben poñer en práctica as ferramentas educativas pero hoxe en día hai moitos recursos, hai escolas de pais, pódese facer un seguimento moi de preto cos profesores dos centros educativos.....


As alternativas á fazula

- O diálogo. Aínda que poida antollarse inútil, é importante empezar a explicar as decisións que toman os nenos dende que son pequenos, aínda que teñan sete ou oito anos, para ir poñendo os cimentos dunha relación de diálogo.

- A firmeza. É moito máis interesante dicir as cousas con firmeza que berrando.

- O castigo. O castigo debe estar pegado á acción, non esperar, e debe ser contundente dende o principio; castigar se se decide castigar sen ameazar durante moito tempo. Ademais, debe ser axustado e serse mantido a pesar da presión do fillo. Pode ser dende mandalo de cara á parede ou a outro cuarto, ata privalo da tele ou dun xoguete.

- A atención. Os pais deben procurar dedicarlle atención ao neno cando faga as cousas ben, non só cando as faga mal. Hai que saber ignorar algúns comportamentos cos que o menor só quere chamar a atención,


venres, 10 de outubro de 2014

Como facer nenos e nenas desobedentes

Se quero que os meus fillos non sexan obedientes só teño que seguir estas normas:

1º.-Que na casa non haxa normas claras e concretas, así o neno non sabe claramente o que ten que facer e o que non, o permitido e o prohibido.

2º.-Incoherencia dos pais. Din unha cousa e fan outra, un día non permiten unha conduta e ao día seguinte si, agora din non e logo se. Os nenos non saben a que aterse.

3º.-O mal comportamento do neno cambie as decisións dos pais. Desta forma é o neno quen pon as normas.

4º.- As condutas negativas non teñen consecuencias. Así o neno incumpre normas, elude responsabilidades e os comportamentos negativos non teñen consecuencias.

5º.-Falta de constancia por parte dos pais.

6º.-Os pais non son un bo exemplo para os nenos. O neno aprende imitando e os pais son o principal modelo

7º.-A falta de acordo na parella.

8.-Prestar especial atención cando o neno se porta mal. Hai nenos que só conseguen que se lle atenda cando se portan mal e se isto acontece, utilizará o seu mal comportamento para atraer a atención dos seus pais

9.-Falta de rutinas no neno. A rutina é un elemento positivo e necesario para o desenvolvemento do neno e o seu equilibrio.

10.- A sensación de stress dos pais

11.-Cambios frecuentes de coidador. Así é difícil manter unhas pautas educativas uniformes

sábado, 4 de outubro de 2014

A necesidade de poñer normas e límites

Os nosos fillos necesitan pautas e normas para sentirse seguros. Os pais, actualmente, sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir entre seguir a propia intuición, os modelos en que fomos educados e os exemplos que se ven noutros pais e nos medios de comunicación. O resultado é un comportamento contradictorio; resúltanos difícil esixir aos nosos fillos que cumpran coas normas e pautas polas seguintes razóns:
  • Asústanos defraudalos.
  • Non sabemos ou non queremos dicir "non". É máis fácil decir "si"
  • Non os queremos frustrar,... "xa sufrirán cando sexan maiores".
  • Preocúpanos ser considerados autoritarios. Non queremos que outros pais considérennos ríxidos e autoritarios
  • Non queremos que sufran o que nós sufrimos.
  • Compensamos a falta de tempo e dedicación cunha actitude indulxente (e culpable).
  • Temos medo ao conflito e ás súas malas caras
  • Parécenos que actuamos con egoísmo se impoñemos normas que nos faciliten a vida.
A educación perfecta non existe, sobre todo se a consideramos como un conxunto de normas utilizadas como unha receita; non hai un neno igual a outro nin sequera na mesma familia, así que máis que fórmulas estándar, podemos dispoñer de guías para orientarnos en situacións diversas pero o  segredo é facelo de xeito coherente e con firmeza.

Como poñemos normas e límites:
  • Obxectividade. É frecuente escoitar en nós mesmos e noutros pais expresións como 'Pórtate ben', 'se bo', ou 'non fagas iso'. Os nosos fillos entenderannos mellor se marcamos as nosas normas dunha forma máis concreta. Un límite ben especificado con frases curtas e ordes precisas adoita ser claro para un neno. 'Fala baixiño nunha biblioteca'; 'agarra a miña man para cruzar a rúa' son algúns exemplos de formas que poden aumentar substancialmente a relación de complicidade co teu fillo.
  • Opcións. En moitos casos, podemos dar aos nosos fillos unha oportunidade limitada para decidir como cumprir as súas ordes. A liberdade de oportunidade fai que un neno sinta unha sensación de poder e control, reducindo as resistencias. Por exemplo: 'É a hora do baño. Quéreste duchar ou prefires bañarte? '. 'É a hora de vestirse. Queres elixir un traxe ou fágoo eu? ' Esta é unha forma máis doada e rápida de dar dúas opcións a un neno para que faga exactamente o que queremos.
  • Firmeza. En cuestións realmente importantes, cando existe unha resistencia á obediencia, nós necesitamos aplicar o límite con firmeza. Por exemplo: 'Mírate ao teu cuarto agora' ou ' Para!, os xoguetes non son para tirar' son unha mostra diso. Os límites firmes aplícanse mellor cun ton de voz seguro, sen berros, e un xesto serio no rostro. Os límites máis suaves supoñen que o neno ten unha opción de obedecer ou non. Exemplos de lixeiros límites: ' Por que non te levas os xoguetes fóra de aquí? '; 'Debes facer as tarefas da escola agora'; 'Venche á casa agora, vale? ' '. Eses límites son apropiados para cando se desexa que o neno tome certo camiño. De calquera modo, para esas poucas obrigas 'debe estar feito', serás mellor cómplice do teu fillo se aplicas un firme mandato. A firmeza está entre o lixeiro e o autoritario.
  • Acentúa o positivo. Os nenos son máis receptivos ao facer o que se lles ordena cando reciben reforzos positivos. Algunhas represións directas como o 'non', din a un neno que é inaceptable a súa actuación, pero non explica que comportamento é o apropiado. En xeral, é mellor dicir a un neno o que debe facer ('fala baixo') antes do que non debe facer (Non berres'). Os pais autoritarios tenden a dar máis ordes e a dicir 'non', mentres os demais adoitan cambiar as ordes polas frases claras que comezan co verbo 'facer'.
  • Garda distancias. Cando dicimos quero que te vaias para a cama agora mesmo', estamos a crear unha loita de poder persoal cos nosos fillos. Unha boa estratexia é facer constar a regra dunha forma impersoal. Por exemplo: 'Son as 8, hora de deitarse e lle ensinas o reloxo. Neste caso, algúns conflitos e sentimentos estarán entre o neno e o reloxo.
  • Explica o porqué. Cando un neno entende o motivo dunha regra como unha forma de previr situacións perigosas para si mesmo e para outros, sentirase máis animado a obedecela. Deste modo, o mellor cando se aplica un límite, é explicar ao neno porqué ten que obedecer. Entendendo a razón, os nenos poden desenvolver valores internos de conduta ou comportamento e crear a súa propia conciencia. Antes de dar unha longa explicación que pode distraer aos nenos, manifesta a razón en poucas palabras. Por exemplo: 'Non' mordas 'as persoas. Iso faralles dano'.
  • Suxire unha alternativa. Sempre que apliques un límite ao comportamento dun neno, intenta indicar unha alternativa aceptable. Soará menos negativo e o teu fillo sentirase compensado. Deste modo, podes dicir: 'ese é o meu"teléfono" e non é para xogar. Aquí tes un lapis e papel para pintar'. Ao ofrecerlle alternativas, estaslle a ensinar que os seus sentimentos e desexos son aceptables. Este é un camiño de expresión máis correcto.
  • Firmeza no cumprimento. Unha regra puntual é esencial para unha efectiva posta en práctica do límite. Unha rutina flexible (deitarse ás 8 unha noite, ás 8 e media na próxima, e ás 9 noutra noite) invita a unha resistencia e tórnase imposible de cumprir. Rutinas e regras importantes na familia deberían ser efectivas día tras día, aínda que esteas cansado ou indisposto. Se dás ao teu fillo a oportunidade de dar voltas ás súas regras, eles seguramente intentarán resistir.
  • Desaproba a conduta, non ao neno. Deixa claros os teus fillos que a túa desaprobación está relacionada co seu comportamento e non vai directamente cara a eles. Non mostres rexeitamento cara aos nenos. Antes de dicir es malo', deberiamos dicir 'iso está mal feito' (desaprobación da conduta).
  • Controla as emocións. Os investigadores sinalan que cando os pais están moi anoxados castigan máis seriamente e son máis propensos a ser verbalmente e/ou fisicamente abusivos cos seus nenos. Hai épocas en que necesitamos levar con máis calma a situación e contar ata dez antes de reaccionar. Diante dun mal comportamento, o mellor é contar un minuto con calma, e despois preguntar con tranquilidade, ' que sucedeu aquí? '.




Fonte: Resumo do artigo de Javier Rodríguez publicado Instituto Superior de Formación y Recursos en Red e guiainfantil.com