sábado, 28 de novembro de 2015

Tartamudez evolutiva

Moi frecuentemente os nenos e nenas entre 2 e 4 anos tatexan e os pais preocúpanse moito. É o que se denomina "tartamudez evolutiva ou fisiolóxica"
Esta tartamudez sucede entre outras causas porque os nenos están en pleno desenvolvemento gramatical e/ou narrativo, e o seu sistema lingüístico se ve "saturado"
A tartamudez evolutiva pode durar días, semanas ou meses, e prolongarse ata os 6-7 anos. Dependerá do neno e/ou do seu ámbito. Segundo expertos como Santacreu e Froján, ata os seis anos non convén facer un tratamento dirixido ao neno, e a intervención vai dirixida aos pais, fundamentalmente para que aprendan a non poñer atención aos momentos en que o neno tatexa.
Aí van algúns consellos para os pais:
  • Non se angustíen pola forma como fala o seu fillo/a.
  • Escoite pacientemente o que o seu fillo lle di e non se fixe en como o di.
  • Deixe que o seu fillo complete a frase, non o interrompa nin remate vostede a frase.
  • Manteña o contacto visual de xeito natural, mentres o seu fillo lle fale. Non lle transmita impaciencia ou nerviosismo.
  • Dispoña de, polo menos, cinco minutos diarios para falar co seu fillo de xeito doado, relaxado e sen présas nin tensións.
  • Non deben completarlle as oracións e/ou adiviñar o que neno quere dicir.
  • Non o apresurar para que remate de falar.
  • Non o interromper mentres fala.
  • Non lle pedir que fale con rapidez e precisión todo o tempo.
  • Non lle falar con ritmo acelerado, especialmente cando se lle dixo que el/ela debe falar máis devagar
  • Non manter na casa un ritmo de vida acelerado.
  • Non lle pedir ao neno que fale forzadamente fronte a amigos, parentes, veciños...
Déixovos este video para que se entenda un pouco a tartamudez, do que se sofre con ela e que o importante non é aprender a falar senon a aprender a escoitar

domingo, 22 de novembro de 2015

Cousas que non lle debemos dicir aos nosos fillos e fillas

Nas reunións de principio de curso os profesores titores explican a importancia da comunicación entre o colexio e a familia e sempre mostran a súa absoluta dispoñibilidade para comunicarse en titorías para poder liquidar os desacordos ou conflitos que haxa e poder así axudar aos nenos e nenas.

Dúas nais amigas que quedan charlando á saída do colexio. Os seus fillos estiveron o fin de semana estudando para un exame que ían ter o luns. Ao saír do cole o luns, os fillos  cóntalle á súas nais que non tiveron o exame. Unha nai, á que lle molestou bastante ter menos tempo libre o fin de semana porque o seu fillo tiña que estudar, non pode conterse e di: “Pero por que non che puxo o exame? Todo o fin de semana estudando para nada! Claro, é que os profes, con tal de non traballar” e o desafogo continúa mentres a outra nai súmase ao carro da indignación e o desprestixio da profesora diante dos seus fillos. As nais chegan a dicir que a profesora é unha vaga, que como falta o respecto ás familias, que fai o que lle dá a gana…

Como sentirán os seus fillos ante estes comentarios?
Aínda que non o exterioricen, eses nenos se sentirán confusos, xa que un pilar da súa educación é desautorizado e desprestixiado por outro dos pilares da súa educación, a súa nai. Ademais as queixas da nai non  axuda nada na educación do seu fillo  xa que  é unha queixa que nada vai cambiar: non vai recuperar o tempo  do fin de semana

Que poderían facer as nais?
            1.-Pedir unha titoría para preguntar por este episodio
            2.- Poderían pensar que polo menos agora o seu fillo entende e sábese a lección, de modo que non pensaría que estudou para nada.
            3.- Gañarían moito se entendesen que a profesora do seu fillo debe ser unha aliada, non unha especie de rival.
            4.- Poderían falar coa profesora sobre a necesidade da familia de contar con tempo libre o fin de semana.
            5.- Poderían contribuír acalmar os ánimos dos seus fillos en lugar de acenderse aínda máis
            6.- Poderían ver o lado positivo dun fin de semana de traballo duro por un exame.
            7.- Poderían poñerse tamén no lugar da profesora en lugar de desprestixiala ou polo menos concederlle o beneficio da dúbida.

“Desprestixiar ou desautorizar ao profesor non axuda en absoluto aos nosos fillos. En ocasións mirámonos, cooperamos, falámonos e coordinámonos. En ocasións poñémonos de costas, non nos miramos, non nos falamos, non nos organizamos. E entón non avanzamos. E os nenos están na auga, esperando que nos poñamos de acordo”


domingo, 11 de outubro de 2015

A Titoría consellos pais e nais

Cantas veces entrevistáchesche co titor do teu fillo? Crees que é suficiente? Ás veces non temos moi claro como e cando debemos dirixirnos ao colexio, pero é importante que cada certo tempo reunámonos co profesor-titor para intercambiar información.

Cal é a utilidade destas entrevistas?
A educación dos  fillos é un traballo conxunto que realizamos xuntos mestres e pais, por tanto é absurdo levalo a cabo sen a comunicación e coordinación necesarias; teremos máis datos para valorar e educadar aos vosos fillos; aínda por riba, cada vez que falamos  prodúcese unha especie de motivación mutua que fai que, tanto nós como os nosos fillos e os pais, dediquemos máis atención e interese á tarefa que nos ocupa.

 Periodicidade conveniente das entrevistas
A recomendación ás familias é que manteñan unha entrevista co titor ou titora do seu fillo, polo menos unha vez ao trimestre. Aínda que non teña problemas académicos, sempre se recomenda.
Non valen escusas do tipo: "Non viñemos antes para non molestar. Como parecía que non había problemas, non queriamos facerlles perder tempo. Xa sabemos que teñen moito traballo"

De que falar:
Jesús Jarque no seu blog familiaycole.com recomenda falar nas titorías dos seguintes temas:

  1. Marcha do proceso de aprendizaxe. Trátase de ver se vai conseguindo os obxectivos, se traballa, se aproveita o tempo, se presta atención?  en definitiva, cal é o rendemento académico. É conveniente que pidan información de todas as materias, non só daquelas materias que imparte o titor ou titora. Por iso é importante solicitar a entrevista con tempo.
  2. Comportamento e relación con outros nenos.Moitos nenos teñen comportamentos distintos en casa e no colexio. Os profesores pasan moitas horas cos mozos e aínda que moitos pais non llo terminan de crer, coñécenos moi ben. É interesante que estean informados de como é o seu comportamento: se respecta as normas, se hai que chamarlle a atención, como é a súa relación cos profesores....Outro aspecto crave é coñecer como é a relación con outros nenos da clase e do colexio. A este respecto pódenvos informar de como se relaciona cos demais nenos, o seu círculo de amigos, como resolve os problemas, se participa, como trata aos demais nenos. A información do colexio a este respecto é moi, moi fiable.
  3. Como é en casa.Aos profesores axúdanos moito coñecer como é o neno ou a nena en casa. Cando os pais expóñennos este aspecto, xeralmente a nosa visión do neno modifícase. Trátase de que, neste caso, fálenlle de como é en casa. Como afronta os estudos, que di do colexio, como é a súa autonomía, conduta, que pautas levan a cabo como pais. Se consideran que hai algunha circunstancia da vida familiar que sexa relevante para o titor, é bo que a comenten.
  4. Se presenta necesidades especiais.Aínda que o caso dos nenos ou nenas con necesidades especiais require un tratamento máis específico, hai algúns aspectos que os pais non poden esquecer nas reunións co titor ou titora. Ademais dos aspectos sinalados anteriormente, é conveniente que informen das persoas que interveñen co neno fora do colexio e que están a traballar: se acoden a un logopeda, estimulador, neurólogo, psicólogo,.. Calquera información médica ou terapéutica, é máis que recomendable que a saiba o titor ou titora. Por elo, se se emiten informes por parte destes profesionais deberían achegalos ao titor. Tamén poden solicitar información sobre os profesionais que están a intervir no colexio co neno: Orientador, especialista de Audición e Linguaxe, de Pedagoxía Terapéutica e das medidas que se están adoptando co voso fillo ou filla.
  5. Que podemos facer polo noso fillo. Por último, as entrevistas co titor ou titora deberían concluír con esta pregunta pola súa banda: que podemos facer como pais polo noso fillo. A esta pregunta, deben solicitar pautas concretas. Pódenlles recomendar, por exemplo, "que lea un pouco máis". Non lles dea reparo preguntar que libros, canto tempo, que fan vostedes, etc. Nalgúns casos, diranlles que sigan así: é unha boa recomendación. Noutros casos, os profesores facilitámoslles recomendacións que lles poden chocar porque non son estritamente académicas: ir ao parque, xogar máis, non facer fichas,.. non van desencaminadas e en moitas ocasións están xustificadas. A educación escolar cobre moitas dimensións e non sempre é cuestión de lapis e papel. Finalmente ambas as partes, familia e colexio, deben sentirse colaboradoras da educación do neno ou nena e apoiada pola outra parte.

domingo, 13 de setembro de 2015

De volta

De novo no cole e coa pilas renovadas.

Este ano comezamos xa coa nova lei de educación implantada en todos os cursos e coa incertidumbre que xera todo o novo.
Quero deixarvos uns documentos  que dan recomendacións para os pais e nais. Se queredes velos mellor picade no enlace "para Primeiro....Para segundo,......"








sábado, 29 de agosto de 2015

Axudas para alumnos/as con necesidade espécifica de apoio educativo

Resolución de 4 de xullo de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2015-2016
https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica

1.-TIPOS DE AXUDAS
         1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
                   • TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
                   •  Discapacidade
                   •  Trastorno grave de conduta.

         1.2.- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas

         1.3.- Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades

2.-REQUISITOS
        2.1.-Para axudas directas e subsidios:
                    • Ter necesidade educativa asociada a discapacidade ou trastornos graves de conduta acreditado por:
                          *Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou polo Departamento de Orientación do Centro
                   • Requisitos económicos:
                                   *Existe umbral de renda e patrimonio
                    • Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.

        2.2.-Altas capacidades:
                   • Certificado del Departamento de Orientación acreditando a alta capacidade

3.-CLASES DE AXUDAS E CUANTÍAS
         3.1.-Axudas directas
                   Aínda que hai outras clases de axudas (ensinanza, transporte interurbano, residencia escolar, transporte fin de semana, trasporte urbano, libros e material específico) a maioría do alumnado do Celso Emilio poden pedir as seguintes:
                ·         Reeducación pedagóxica e de linguaxe cun límite de 913 € e levarán:
                                 o   Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade da reeducación
                                 o   Certificación acreditativa do custe mensual do servicio expedido polo centro reeducador
              ·         Comedor escolar….ata 574 €

3.2.-Subsidios
         Os subsidios por necesidades educativas especiais soamente pódese pedir para transporte interurbano, urbano e no caso do noso centro para comedor escolar (ata 574 €)

3.3.-Altas capacidades
·         Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade desta axuda
·         Certificación acreditativa do custe mensual do servizo expedido polo centro que o preste
·         A axuda será dunha cantidade máxima de 913 €

4.-MODELO DE SOLICITUDE
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”

Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.

No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio


5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o día 30 de setembro de 2015

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-8699

TODA A INFORMACIÓN E ACCESO ON LINE:  https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica

Pica AQUI para obter o impreso

Non dubidedes en consultar co Orientador do Centro

mércores, 24 de xuño de 2015

PAIS para poñerse de PÉ

Jesús Jarque no seu blog "Familia y Cole" escribe un post titulado "pais para poñerse de pé"  que eu subscribo totalmente xa que todos os días do curso o vivo no meu pequeno despacho traballando con estes pais e nais que son para poñerse de pé
Co permiso de Jesus Jarque copio o post  xa que me parece unha estupenda homenaxe a estes pais e nais:

Homenaje a padres para ponerse de pie

Como orientador tengo el privilegio y la responsabilidad de poder entrar en la vida de muchas familias, de sus sentimientos, miedos, preocupaciones, alegrías. De una manera especial, con aquellas con hijos con necesidades educativas especiales, porque son con las que más contacto mantengo. No sé si mis colegas orientadores sois conscientes de esta suerte y responsabilidad.
La relación con las familias, también en ocasiones, es complicada, tensa y hasta desagradable, pero afortunadamente estas experiencias son las menos. La mayoría de las veces, la relación suele ser de confianza y de colaboración.
Este curso tampoco ha sido una excepción. Como en años anteriores, he tenido la suerte de relacionarme con padres para ponerse de pie, en diferentes contextos: el trabajo diario de orientador, los cursos, las charlas, el correo electrónico… Me gustaría poder escribir vuestros nombres en esta entrada, pero no quiero ni que se me olvide ninguno (sois muchos) y quiero además respetar vuestra intimidad. Pero muchos de los que leáis la entrada os deberíais sentir identificados y pensar… “esto lo dirá por mí“.
Comparto contigo, algunas de sus actitudes y comportamientos, y sobre todo, qué efecto provocan en las personas que trabajamos con ellos.

Su testimonio

Al comentar lo que hacen o dejan de hacer estas familias, siempre me quedaré corto…  
Lo que hacéis es entrega total por vuestros hijos, dedicación casi exclusiva: los lleváis, los traéis, no solo ponéis en práctica las pautas… las mejoráis y perfeccionáis como verdaderos pedagogos… no dejáis de pensar en ellos: en su presente… y en su futuro.
Nos os veo que os deis por vencidos, que os toméis un respiro, que bajéis los brazos, que os conforméis, que tiréis la toalla, que levantéis el pie del acelerador, que cambiéis a un piñón de la bicicleta más cómodo…  Hace unos días comentaba con una de vosotras que yo en agosto iba a desconectar… la mirada me decía: “Tú podrás desconectar… yo no voy a hacerlo”. Sois padres para ponerse de pie.
Veo que algunos, habéis tenido que hacer renuncias importantes: a vuestros proyectos, en algunos casos a vuestros trabajos y casi siempre habéis tenido que renunciar a vuestros sueños
Estos padres, estas familias, no tienen reparo en gastos, en buscar, en aprender, en preguntar… Algunos habéis kilómetros para estar en un curso, en una charla y preguntarme personalmente. Otros habéis escrito, habéis sido osados, sin conocerme de pedir ayuda, orientaciones, pautas…

Qué provocan

Estos padres son para ponerse de pie. Son siempre un desafío a nuestra actuación como educadores. Personalmente, me hacen sentir un auténtico enano, alguien muy pequeñito frente a personas muy, muy grandes.
Nos enseñan valores: los valores se muestran en actos y comportamientos, no en parrafadas y discursos vacíos; y estas familias nos enseñan y recuerdan algunos valores: entrega, dedicación, incondicionalidad, superación
Nos hacen sentir una gran responsabilidad, (de responder) de saber que en muchos aspectos están en nuestras manos y confían en nosotros. Estos padres nos motivan, nos comprometen y no nos dejan bajar los brazos: uno siente vergüenza de sentirse cansado… indignado, de sus propias quejas y protestas, cuando escucha vuestros testimonios, lo que hacéis, estos padres para ponerse de pie.
Creo que estos padres, dan verdadero sentido también a nuestro trabajo y dedicación… ese que muchas veces pensamos que nadie ve y que nadie valora… son los que nos animan a seguir estudiando, aprendiendo, enseñando.
Os quiero dar las gracias por vuestro testimonio, vuestro ejemplo, vuestro carácter:  a veces las palabras se quedan cortas, por eso, yo también me pongo de pie ante vosotros.

domingo, 21 de xuño de 2015

O estudio no verán

Agora que rematou o fútbol lía que aos futbolistas lle dan unha serie de tarefas e recomendacións para as súas vacacións coa finalidade de non perder completamente a forma e cando se incorporen á tempada séxalles máis doado coller o ritmo.

O curso foi duro e ao final teñen ben merecidas as vacacións pero ao igual que os futbolistas non poden perder completamente a forma e o ritmo de estudo polo tanto hai van as recomendacións para o verán.

1º. -AS VACACIÓNS NON SON PARA APRENDER SENÓN PARA NON ESQUECER.

2º. -Planificación horaria. Isto é a clave para o estudo do verán; senón existe unha planificación horaria é case imposible que se aproveite o tempo polo tanto é importante, aínda que esteamos de vacacións, ter unha planificación horaria pactada polos pais e os fillos.

3º. -Horario de estudo. A mellor hora para estudar no verán son as primeiras horas da mañá, normalmente despois do almorzo. É a hora que máis frescos están, máis descansados e hai menos calor. Ademais cando rematan as tarefas teñen a sensación de que lles queda todo o día por diante.

4º. -Días de estudo. Normalmente recomendo de luns a venres aínda que hai quen recomenda de luns a xoves para que o neno teña a sensación dun fin de semana longo

5º. -Horas de estudo. Depende de cada neno e cada pai debe adaptar os tempos. Nunca máis dunha hora e nunca menos de media hora. Hai que facer ver o neno que este estudo non é un castigo senón a oportunidade de afianzar as cousas do curso

6º. -Lugar de estudo. Ao non ter a rixidez do estudo durante o curso e normalmente van ser actividades de repaso, pódese estudar en lugares comúns da casa (cociña, salón). Se suspendeu algunha materia e a profesora lle recomendou estudar algo concreto entón debería facelo nun lugar privado, no seu lugar de estudo habitual.

A xeito de resumo:
Hai que converter o verán nunha oportunidade, nun momento para que os teus fillos consoliden os contidos do curso e poidan afrontar coas maiores garantías o próximo curso académico. Do que se trata é de que, aínda que realicen tarefas durante todo o verán, teñan a sensación ao finalizar o verán de que tiveron tempo para eles, que puideron descansar e que puideron gozar plenamente do verán.

Información obtida de : http://justificaturespuesta.com/10-consejos-sobre-como-estudiar-durante-las-vacaciones/
FELIZ VERÁN

sábado, 30 de maio de 2015



O pasado mes de maio aplicámoslle ao alumnado de 4º unha proba (BADyG) que intenta medir as aptitudes, tanto xerais como diferenciais, dos nenos e nenas e durante o segundo trimestre aplicamos ao alumnado de 2º o KBIT (test breve de intelixencia de Kaufman) que intenta medir a intelixencia verbal e a non verbal

O vindeiro martes 9 de xuño, no salón de actos do colexio, explicaremos en que consistiu as probas  para poder así entender os resultados que obtiveron os nosos fillos.

O horario da reunión será:
  • Segundo................17 horas
  • Cuarto...................17,30 horas
Os resultados só se darán aos pais ou nais que acudan á reunión-explicativa.

QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?
  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.
QUE NON É CONVENIENTE FACER
  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.
¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?
  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.
Para ver máis información das probas:

domingo, 10 de maio de 2015

MARUXA

Traballando pola igualdade: os nenos e nenas do CEIP Coirón Dena intepretan "Maruxa", unha canción inspirada nun conto de Eva Mejuto. Dun xeito alegre, o alumnado do noso colexio cóntannos a impotancia de compartir as tarefas do fogar.


Con este vídeo participan no Concurso Olloboi, as votacións comezaron esta noite, para votarnos entrade no seguinte enderezo e recordade que o videoclip chámase MARUXA:  docs.google.com/forms/d/1VLbaAGjMo-H0i61BVitqcoZnx6t6Uxt6qd9Tb9Ua6aQ/viewform?fbzx=5139188799725874659

Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Benito cantaba, folgaba e durmía. Mais un día... Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunh
a gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo de casa está mal repartido e consegue que cambie d e actitude. Este álbum está baseado na canción popular polaca Maryna gotuj pierogi, unha das máis coñecidas do repertorio folclórico do país.

Fixéronse diversas versións, desde orquestas sinfónicas, a solistas, grupos de jazz, rock... Este texto, en versos de seis sílabas, busca manter o ritmo da canción orixinal. Do mesmo modo que a canción tradicional, a autora presenta a historia en forma de dialogo, xa que o relato se basea, principalmente, na rifa que inician Maruxa e o seu home, Pepiño, cando este lle pide que faga o pan.

domingo, 3 de maio de 2015

Avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria

No Doga do 30 de abril do 2015 publícase a RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014/15.

Deixo un pequeno resumo desta Resolución:

  • Esta avaliación realizarase en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que na data de realización da proba impartan ensinanzas correspondentes a terceiro curso de educación primaria.
  • A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.
  • Esta avaliación ten carácter informativo e orientador. Completa a información que reciben os alumnos, as familias e os centros e orienta as decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia debe servir para:
    • 1. Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática, e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.
    • 2. Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.
    • 3. Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso de aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.
  • A aplicación das probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria realizarase os días 27 e 28 de maio.
  • O titor ou titora deberá informar os pais, nais ou titores legais dos alumnos e alumnas dos resultados da avaliación individualizada de terceiro curso en relación co grao de adquisición das competencias avaliadas e das medidas adoptadas.
  • Os centros educativos, a través dos seus órganos colexiados, realizarán unha análise dos resultados obtidos polo seu alumnado na avaliación individualizada de terceiro curso de primaria e unha reflexión interna para establecer as accións de mellora pertinentes, que serán incorporadas á súa programación xeral anual.
  • De resultar desfavorable esta avaliación, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis adecuadas. Estas medidas fixaranse en plans de mellora de resultados colectivos ou individuais que permitan solucionar as dificultades, en colaboración coas familias e mediante recursos de apoio educativo.
OPINIÓN PERSOAL
O obxectivo último da avaliación é a mellora do que se avalía, polo que debe ir acompañada dun compromiso coa devandita mellora, se non queremos que se quede nunha mera análise ou en elaboracións de rankings.
Na Educación Primaria a avaliación  ha de ser formativa, diagnóstica, orientadora e continua ao longo do proceso de aprendizaxe, co fin de detectar os progresos e as dificultades, analizar as causas e reconducir os desaxustes.
Esta proba creo que vai ser un mero exame de contidos curriculares e non unha avaliación de competencias é dicir vai ser unha cualificación ou expresión do grao de suficiencia ou insuficiencia dos coñecementos adquiridos polo alumno.
Ademáis a LOMCE concede moita importancia a esta proba e detrimento da avaliación continua e do esforzo que diariamente fai cada alumno e ase  cabe destacar o artigo 20.3 da LOMCE, onde se establece que de resultar desfavorable a avaliación individualizada ao finalizar 3º de Primaria, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias ou extraordinarias máis axeitadas e no seu artigo 20.2 establécese que á hora de repetición ou promoción atenderase especialmente aos resultados da avaliación individualizada ao finalizar o 3º curso.... "
Con todo o dito a adopción de medidas ordinarias ou extraordinarias, a repetición ou non, quedan supeditadas ao resultado dunha proba externa na que non se teñen en conta unha serie de variables que inflúen de forma importante nos resultados.
Esta proba externa, en todo caso, debería ser considerada como información adicional á avaliación realizada polo profesorado do centro -continua e global e que ten en conta o progreso do alumnado no conxunto das áreas do currículo-

martes, 14 de abril de 2015

Hoxe comenza o Programa de Mediación

¿En que consiste a mediación entre iguais?
É un proceso de resolución de conflitos que consiste na intervención dunha terceira persoa, un alumno/a  mediador ou mediadora, que intenta que as partes en conflito cheguen a un acordo mediante o diálogo.

Características:
·     É unha negociación cooperativa, xa que promove unha solución, na que as partes implicadas gañan ou obteñen un beneficio.
·     O mediador/a ten que ser neutral e imparcial durante o proceso. O mediador/a non toma as decisión, nin acusa, nin castiga, nin xulga.
·     O mediador/a debe ser aceptado polas partes en conflito.
·     A mediación ten que ser libre e voluntaria.
·     O/a mediador/a debe garantir a absoluta confidencialidade do que se fale no  proceso.

Cando acudo ao Mediador
·        Amizades que se deterioran
·        Faltas de respecto
·        Malentendidos ou rumores
·        Obxectos persoais
·        Espazos de xogo
·        Discriminación

Normas a cumprir
·        REPECTAR A QUENDA DA PALABRA.
·        NON INSULTAR
·        DECIR A VERDADE DO QUE PASOU.
·        ESCOITAR SEN INTERROMPER.
·        QUERER ARRANXAR O PROBLEMA

Como atopo a un Mediador?:

        Os mediadores estarán no patio e serán identificados xa levarán un peto amarelo

domingo, 22 de marzo de 2015

Ladridos educativos

Os alumnos de 4ºB teñen un novo compañeiro de clase. Chámase 'Trufa', ten catro anos e revelouse como un elemento motivador da aprendizaxe dos seus novos compañeiros: os alumnos e alumnas de 4ºB. 'Trufa' é un can labrador retriever e ao longo do próximos días acudirá aos centro para implementar un programa de apoio e reforzo educativo asistido por cans pioneiro en España.
Picando na imaxe terás a noticia na prensa

sábado, 21 de marzo de 2015

Día mundial do SÍNDROME de DOWN


Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial das persoas con Síndrome de Down. Celébrase este día xa que simboliza a triplicación de cromosomas no par 21 (trisomía 21), unha das combinacións xenéticas que deriva na Síndrome de Down.

A organización Down España publicou un emotivo vídeo polo Día Mundial da Síndrome de Down: ?A vida non vai de cromosomas?, onde dez nais explican como se ven a elas mesmas, na relación cos seus fillos. O obxectivo da campaña é sensibilizar á sociedade sobre os nenos con síndrome de Down e achegarlles ao seu xeito de ser, pensar e sentir.

Aquí deixámosvos o vídeo.


domingo, 22 de febreiro de 2015

Síndrome de Asperger

O pasado 18 de febreiro celebrouse o día internacional da Síndrome de Asperger.
A síndrome de Asperger é un trastorno do desenvolvemento severo localizado no espectro autista que afecta ao 2,5% da poboación mundial, tamén coñecida como "síndrome do planeta equivocado".
A diferenza do autista, o Asperger, é consciente da súa diferenza e pode reflexionar sobre ela.
A Síndrome de Asperger describe unha alteración no comportamento, que se identifica coa falta de empatía cos demais, as dificultades para entender a ironía ou o sarcasmo, ou problemas motoras que os fan a miúdo parecer torpes ou atrasados. Tamén son comúns os problemas para atender ao seu coidado persoal, ou a tendencia a ser repetitivos en temas moi concretos.
Estas circunstancias fanos diferentes a nós. O normal, é que sexamos todos iguais? Que hai de bo ou de malo en ser diferente?


O documental "Planet Asperger" conta a historia de persoas afectadas por esta síndrome e que podedes ver estes días.
Os protagonistas son:

Michelle (16 anos). Cada día no instituto foi un pesadelo para Michelle. O bullying espertou nela un desexo de reivindicar a súa diferenza. Non vai aguantar máis.

Marcos (12 anos) Quere ter amigos, pero non sabe como. Desexa facer feliz aos que o rodean. Pero... que fai feliz a Marcos?

Víctor (22 anos). Decidiu encerrarse para sempre no seu cuarto, onde está a crear un micromundo. Xa non é accesible para ninguén: nin psicólogos nin familia.

Regina (34 anos) O seu lado autista case a afunde nun pozo sen retorno, pero agora recompón paso a paso a súa vida, tras un inesperado golpe do destino.


Podedes ver o trailer neste enlace:
http://www.planetasperger.com/teaser.html


luns, 16 de febreiro de 2015

¿Sabes poñer límites aos teus fillos?

Da páxina psicoactiva.com os déixovos este test para realizar on line (picando na imaxe) e  comprobedes se sabedes poñer límites aos vosos fillos e fillas



PICA NA IMAXE PARA IR AO TEST



luns, 2 de febreiro de 2015

Que mitade do cerebro manda vostede ao colexio?

Educar con sentido publicou este interesante artigo sobre os hemisferios cerebrais que me parece moi interesante 

Qué mitad cerebral manda usted al colegio?

La mayor parte de las personas, entre el 70 y el 80% de la población, implica en mayor o menor medida ambos hemisferios cerebrales al procesar la información. Utiliza, según el tipo de información que sea presentada (números o dibujos, palabras o caras) un hemisferio u otro, el que mejor se adapte a ese tipo de información.

Un pequeño porcentaje, entre el 10% y el 15% utilizan predominantemente, c
asi de manera exclusiva el hemisferio izquierdo. De niños suelen ser considerados brillantes: entienden a la primera las explicaciones del profesor, son metódicos, racionales, manejan magníficamente bien las abstracciones y por
tanto las matemáticas y la gramática son “tiradas” para ellos. Son el sueño del sistema de enseñanza en España, aunque no suelen dibujar bien y el arte les importa bien poco. Pero eso qué más da, “de eso no se vive”.

También hay aproximadamente entre el 10% y el 15% hacen un procesamiento de la información prácticamente de manera exclusiva con el hemisferio derecho, son mucho más imaginativos (de imagen) que verbales y por tanto manejan bien las variables espaciales, son concretos (+ es una cruz), manejan mal las variables temporales y por tanto le dan poca importancia al “cuando”, son enormemente intuitivos y poco racionales (pueden solucionar una gran dificultad, pero no sabe explicarte cómo -”simplemente es así”). Las abstracciones les suenan a chino (“¿A al cuadrado?”, “¿artículo indeterminado?”). Suelen tener respuestas creativas, que quizás no siempre sean apropiadas ni bien acogidas. Pero se les da muy bien pintar. Ahora, si el profesor se enrolla en una explicación … sencillamente desconectan.

Estos niños, alrededor de los cinco o seis años no han activado en absoluto el procesamiento analítico que caracteriza al hemisferio izquierdo – lo cual no es nada preocupante – y por tanto les cuesta mucho recordar los nombres de las letras, no digamos ya los fonemas (cómo suena cada letra), pero aprenden magníficamente bien las palabras completas.

Hecha esta pequeña introducción llego a lo que motiva esta entrada: estoy HARTO, completamente HARTO de que me envíen a consulta, como si tuvieran un problema, niños cuya única particularidad es que son HEMISFERIOS DERECHOS con piernas.

Nunca he tenido en consulta un niño por el mero hecho de que procese toda la información con el hemisferio izquierdo. El sistema de enseñanza querría que todos fueran así.

Pero los niños de hemisferio derecho son enormemente inteligentes, creativos, capaces y, retadores, pero NO procesan la información como el sistema escolar exige. Muchos de ellos son diagnosticados de padecer el trastorno por déficit de atención. Es cierto que son pocos. Ya he dicho que aproximadamente el 10/15% de la población, pero mientras sigamos señalándoles a ellos como los que deben cambiar NO vamos a solucionar el problema y vamos a seguir haciéndoles sentir frustrados y en algunos casos, medicados.

El sistema de enseñanza en España está absolutamente descompensado hacia el procesamiento con el hemisferio izquierdo. La enseñanza en España NO está diseñada para desarrollar personas completas, bien equilibradas. Me repito: “está DESCOMPENSADO”.

Es un problema ya que “el mundo real”, “el mundo de los mayores”, requiere personas que sean capaces de utilizar mucho mejor el hemisferio derecho: necesita personas que sean capaces de encontrar soluciones creativas, que puedan ponerse en el lugar del otro (del cliente potencial) más allá de meras lógicas, y la era digital va a requerir cada vez más pensamiento del hemisferio derecho.

Pero mientras sigamos pensando que se requiere mayor inteligencia para resolver una ecuación que para tocar un instrumento, que conocer la gramática de un idioma es equivalente a ser bilingüe y que el teatro es una pérdida de tiempo, seguiremos desarrollando hemipléjicos mentales. (Por cierto, cuando me subo a un estrado a hacer una de mis funciones de teatro – conferencias les llaman – gano en una hora lo mismo que tras vender 500 de mis libros (aproximadamente lo que vendo en año y medio). John Taylor Gatto tenía razón: se paga mejor a los charlatanes que a los escritores.

Podemos culpar “al sistema”, pero como yo proceso casi toda la información con mi hemisferio derecho me veo obligado a ser más concreto: el problema está en la dirección de los centros escolares que siguen mirando al número de aprobados en selectividad como EL CRITERIO de su “excelencia académica”.

Repetir sexto de primaria (de E.G.B. se llamaba), suspender no menos de 5 asignaturas en cada evaluación en séptimo y octavo, y responder lo mejor que pude a un test de inteligencia (es decir, bastante pobremente) permitió que el psicólogo del colegio concluyera que yo nunca podría cursar una carrera. Yo era la antítesis de lo que hoy llaman “excelencia académica”. Gracias a Dios ni mi madre ni yo hicimos caso y concluí psicología con un notable y todo lo demás sobresalientes (en 4º y 5º).

Recientemente una magnífica madre, cabeza de una magnífica familia, que ha emigrado a Irlanda con el fin de ampliar horizontes en la enseñanza de sus hijos me contaba que allí a partir de secundaria hay colegios “académicos” (de hemisferio izquierdo) y colegios “no académicos” (de hemisferio derecho). Aquí no podemos esperar tanta amplitud mental. Una vez más en España el peso recae completamente sobre cada profesor, que debe hacerse consciente de:

a) qué tipo de procesamiento de la información hace él.

b) cómo enseña la información a sus alumnos.

c) qué alumnos hay en su aula con un procesamiento de la información característicamente del hemisferio derecho.

d) cómo puede presentar la información para esos alumnos (lo que enriquecerá enormemente al conjunto de la clase).

e) cómo demandar información a esos alumnos.
NO puede esperar resultados significativos y reales de la capacidad y conocimiento de un alumno si hace los exámenes exactamente igual para todos.
Tratar como si fuera igual lo que es distinto no es justo, es erróneo.

Lamento poner (más) peso sobre la ingente labor de los profesores, pero son ellos los únicos que realmente pueden hacer el cambio y, por lo que me cuentan, son los que leen este blog. Los directores de colegio, jefes de estudio y otros cargos rimbombantes están haciendo cosas importantes, no tienen tiempo para leer esas tonterías que se escriben en internet.
  

sábado, 24 de xaneiro de 2015

Dez consellos para estudar

1. -Descobre o teu estilo de Aprendizaxe.
Afortunadamente, non todos aprendemos igual. Algúns aprendemos mellor de forma visual, outros de forma auditiva e outros facendo e experimentando. É fácil saber cal é o teu estilo fixándoche un pouco no que fas na túa vida diaria ou falando con alguén que saiba do tema.
2. -Descobre que che funciona mellor segundo o teu estilo.
Por exemplo, si es do tipo cinestésico (necesita facer e experimentar), serache máis útil estudar dándoche paseos polo cuarto que estando quedo. Si es auditivo, serache útil recitar os temas, estudar con outro compañeiro, etc,?
3. -Método.
Aínda que pareza obvio, ter un método para calquera cousa, permítenos gañar en eficacia, en tempo, e en reducir enormemente a enerxía física e mental que gastamos. Ter un bo método de análise da información (lectura, subliñado, esquemas, mapas mentais), vai mellorar a nosa comprensión lectora e favorecer que os contidos instálense na memoria. O mellor é que cho ensine un experto na materia.
4. -Aprende un método sinxelo de subliñado.
Como adoita suceder, aquí hai variedade de opinións: con varias cores, con dúas, cun, con rotuladores, fosforitos, bolígrafos,lápices.....o ideal é que cada un atope o estilo que máis lle convén. Pero non debemos esquecer que o subliñado só debe ser unha guía visual das palabras crave do texto. Como tal, a técnica debería ser a máis sinxela e visual posible. A nosa recomendación: bolígrafo verde e crear técnicas distintas para distintos tipos de ideas (principais, secundarios, etc,?.). Exemplo: palabras crave principais nun cadro e secundarias subliñadas cunha raia.
5. -Xestión do tempo.
Trucos: exprime o tempo ao máximo. Faga as cousas co mínimo tempo posible para concentrar esforzos. A axenda convértese en elemento fundamental no que detallamos todos os nosos futuros pasos, especificando que temas imos estudar, cando repase, etc,?.Ritmo ideal: estudo media hora e descanso 5 minutos.
6. -Lectura.
Cunhas sinxelas técnicas de lectura rápida conséguense varias cousas: lleer máis rápido, comprender mellor, e en consecuencia, ir colléndolle gusto á lectura. Isto pode marcar toda a diferenza.
7. -Memoria.
Non é cuestión de ter mellor ou peor memoria. Trátase de coñecer unhas técnicas que, si apréndense e usan correctamente, podo funcionar como un superordenador sen darme conta.
8. -Atención e concentración.
Aquí tamén podemos aprender sinxelos exercicios para melloralas, así como para relaxarnos e afrontar o stress ante os estudos e os exames. Os orientais teñen unha sinxela técnica que consiste en mirar fijamente unha vela durante uns minutos.
9. -Traballa as túas crenzas.
Ás veces nós mesmos somos o noso peor inimigo. Detectar e traballar os pensamentos negativos que ás veces temos ("non vallo", "teño que ser o mellor", non merezo o éxito", etc,) pode marcar un antes e un despois na nosa vida, librándonos dunha forte carga de ansiedade.
10. -Se o teu propio xuíz.
Superar esas crenzas limitantes, debería levarche en definitiva a ser ti o xuíz e o promotor da túa propia vida e das túas decisións. Deixa de compararche con outros e de ser vítima das expectativas que os demais poñen sobre ti, sexan boas ou malas.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Os trastornos da aprendizaxe defínense en base a un rendemento escolar por debaixo do esperado nas capacidades para a lectura, o cálculo e/ou a expresión escrita tendo en conta:
*a idade cronolóxica do alumno/a
*a súa escolarización
*o seu nivel intelectual

O TRASTORNO DA LECTURA
Inclúe as dificultades de acceso ás competencias lectoras que se dan nestes tres aspectos:
  1. Na exactitude lectora, tanto dificultyades relativas ao código lingüístico (confusións, omisións, adicións, inversións, alteracións no proceso lector) como as que fan referencia á mecánica lectora (soletreo, detencións, atascos, saltos de liñas)
  2. Na velocidade lectora
  3. Na comprensión lectora,
O TRASTORNO DO CÁLCULO
É a dificultade de acceso ás competencias matemáticas en relación a:
  1. Os procesos básicos, relativos á comprensión da conservación, reversibilidade, realización de clasificacións, seriacións e outras operacións lóxicas matemáticas
  2. O sistema numérico, en canto ás dificultades nos principios de estabilidade dos números, á cardinalidade, á abstracción, á irrelevancia da orde e ás dificultades no sistema de numeración
  3. A realización de cálculos numéricos, tales como comprensión das operacións, a mecánicadas operacións e as vinculadas aos erros conceptuais
  4. A lectura simbólica numérica
  5. A resolución de problemas matemáticos
O TRASTORNO DA ESCRITURA
Fai referencia ás dificultades no acceso ás competencias gráficas nos seguintes aspectos:
  1. Proceso grafomotriz ou disgrafía, en referencia aos sinistroxiros, déficits na presión, dificultades na direccionalidade, regularidade e lexibilidade dos grafismos e ao emprego do espazo gráfico
  2. Ortofrafía ou disortografía, realizar substitucións, omisións, engadir e/ou invertir os grafemas, facer unións, separacións inadecuadas de sílabas, palabras ou frases, e erros na ortografía regrada.
  3. Procesos de expresión e composición, dificultades relativas ao formato da escritura, expresividade e dominio das técnicas de expresión: descrición, narración, exposición, ...
Orientación e respostas educaticas. ALUMNADO CON TRASTORNOS DA APRENDIZAXE. Xunta de Galicia