domingo, 22 de marzo de 2015

Ladridos educativos

Os alumnos de 4ºB teñen un novo compañeiro de clase. Chámase 'Trufa', ten catro anos e revelouse como un elemento motivador da aprendizaxe dos seus novos compañeiros: os alumnos e alumnas de 4ºB. 'Trufa' é un can labrador retriever e ao longo do próximos días acudirá aos centro para implementar un programa de apoio e reforzo educativo asistido por cans pioneiro en España.
Picando na imaxe terás a noticia na prensa

sábado, 21 de marzo de 2015

Día mundial do SÍNDROME de DOWN


Hoxe 21 de marzo é o Día Mundial das persoas con Síndrome de Down. Celébrase este día xa que simboliza a triplicación de cromosomas no par 21 (trisomía 21), unha das combinacións xenéticas que deriva na Síndrome de Down.

A organización Down España publicou un emotivo vídeo polo Día Mundial da Síndrome de Down: ?A vida non vai de cromosomas?, onde dez nais explican como se ven a elas mesmas, na relación cos seus fillos. O obxectivo da campaña é sensibilizar á sociedade sobre os nenos con síndrome de Down e achegarlles ao seu xeito de ser, pensar e sentir.

Aquí deixámosvos o vídeo.