sábado, 24 de decembro de 2016

Que regalar en Nadal?

Achegándonos, cada vez máis, ao Nadal. Cegados polas luces, a decoración, as compras, as axendas cheas de ceas, comidas, compromisos...Hoxe quero facer reflexionar un pouco aos que lean este post.

Algúns abrirían a ligazón pensando que lles vou a recomendar libros, xoguetes didácticos,...Pois non! Quizais noutro momento... Hoxe pareime a pensar, en que se fose niñ@, cal sería o mellor regalo que me poderían facer, que lembrase para sempre, que me servise para o futuro e cheguei á seguinte conclusión:
 Se fose niñ@ gustaríame...
  • que me quixesen, que me abrazasen, que me aniñasen pola noite 
  • que risen comigo, que me fixesen bromas 
  • que me deixasen elixir, que non decidan todo por min e ensinásenme a tomar decisións 
  • que xogasen comigo, dedicásenme un intre 
  • que me deixasen xogar só, para que aprendese a aburrirme, a entreterme 
  • que non solucionasen os meus conflitos, para que eu faga o esforzo e aprenda 
  • que me deixasen xogar libre, aínda que me caese 
  • que me dixesen que non se é necesario, porque tamén na miña vida diranmo 
  • que non me dean as solucións, senón que me axuden a pensar por min mesmo 
  • que deixasen voar a miña imaxinación, para que non repita as ideas doutros e cre as miñas propias. 
  • que me escoitasen, para facerme sentir importante e confíe nun futuro 
  • que cumprisen o que me prometen para crer nas persoas 
  • que me pedisen perdón se se equivocaron 
  • que me deixasen facer cósalas sol@ 
  • que me dixesen o que fixen ben e o que non 
  • que non me tratasen coma se fose parvo e se non entendese algo mo explicasen 
  • que me fixesen consciente das cousas, das persoas, das emocións 
  • que me valorasen por ser únic@ sen esquecer ter en conta aos demais
  • ...
  • ... ... ...
  • que me educasen.

domingo, 4 de decembro de 2016

Resumo dos resultados das probas de Comprensión Lectora

Durante estes tres últimos anos, nos meses de novembro. aplicámoslle ao alumnado de segundo a sexto unha proba de comprensión lectora.
Esta proba vai dirixida a valorar a comprensión lectora dun xeito amplo, a partir de textos de tipoloxía diversa, con temáticas que se refiren ás diferentes áreas curriculares.
As preguntas recollen as principais dimensións da comprensión lectora: literal, inferencial, reorganizativa e crítica.
Nestas probas os nenos han de inferir, relacionar, sacar conclusións, resumir, secuenciar, prever, emitir xuízos, etc.
A partir de textos breves, o alumno ten que responder preguntas en relación co escrito, podendo elixir entre diversas alternativas que lle obrigarán facer un esforzo de aproximación moi grande para seleccionar a que cre máis adecuada, máis próxima ao sentido do texto, á intención do autor, ao contido global ou específico dos termos. obrigaralle a elaborar, non a contestar por simple recordo inmediato, senón a comprender profundamente, dando valor aos xiros, ás intencións non explícitas pero se suxeridas, inferindo o sentido implícito ou deducindo o que se desprende de devandito texto.

A baremación é a seguinte:

  • Puntuación 1-2: dificultade severa na comprensión lectora.
  • Puntuación 3: dificultade na comprensión lectora. 
  • Puntuación 4-5-6.: comprensión lectora na normalidade
  • Puntuación 7-8: boa comprensión lectora
  • Puntuación 9-10: moi boa comprensión lectora
Os resultados foron os seguintes:


COMPARATIVA POR CURSOS ACADÉMIOS

MEDIA CURSO  14-15
4,8


MEDIA CURSO  15-16
5,1


MEDIA CURSO  16-17

5,2






Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Nº aa
% aa
Nº aa
% aa
Nº aa
% aa
Moi Baixo (1)
11
5,7
6
3,0
8
4
Moi Baixo (2)
17
8,9
14
7,0
15
7,5
Baixo (3)

29
15,3
29
14,6
27
13,5
Moderadamente Baixo (4)
27
14,2
30
15,1
30
15
Normalidade (5)
30
15,8
35
17,7
26
13
Normalidade (6)
34
17,9
32
16,2
28
14
Moderadamente alto (7
23
12,1
26
13,1
36
18
Moderadamente alto (8)
17
8,9
15
7,6
21
10,5
Alto (9)

1
0,5
10
5,1
8
4
Moi Alto (10)
1
0,5
1
0,5
1
0,5



Se observamos as porcentaxes de preguntas contestadas ben, segundo o tipo de textos, observamos ca media de contestacións neste curso está por riba do 50% cunha melloría ano tras ano

TIPO DE TEXTO

14-15
15-16
 16-17
NARRATIVO


52%
55%
 58%
EXPOSITIVO


53%
55%
 53%
POETICO


46%
50%
 50%
MATEMÁTICO

47%
47%
 55%
INT. GRÁFICO

50%
53%
 55%
Os % refírense aos porcentaxes de preguntas contestadas ben
Con estes datos está claro que estamos a traballar no camiño indicado. Parabén a todos por estes excelentes resultados

xoves, 1 de decembro de 2016

Un placer

O martes pasado tiven un encontro con nais e pais de alumnos onde falamos da relación existente entre as familias e a escola.
A charla en si ten dúas conclusións que pretendín deixar claro:

  1. Temos que traballar no mesmo bando, buscar puntos de encontro, formar verdadeiro equipo educativo entre o colexio e a familia
  2. Os profesores debemos coñecer a realidade das familias e as familias coñecer a realidade da escola preguntando, analizando e actuando. Nunca debemos saltaros os dous primeiros pasos xa que si actuamos sen preguntar e sen analizar isto levaranos ao desencontro entre familia e escola
Pero co que máis gocei é coa asistencia, asistencia que convida a realizar máis debates e mesmo a crear unha escola de nais e pais; xa acordamos realizar unha segunda charla a finais de xaneiro para que podamos reflexionar e aprender uns doutros "como axudar aos nosos fillos e fillas nos estudos"

Déixovos un documental para que reflexionemos un pouco sobre a discapacidade; titúlase "uno más uno menos" 


e esta é a súa ficha técnica

SINOPSIS:
Uno más, uno menos es la historia de un posible documental que una imaginaria periodista (Ana) tiene que hacer por compromiso. En él, va descubriendo el mundo de Lourdes, una chica de 18 años, síndrome de Down, que sueña con ser enfermera y casarse con su novio Carlos. El trabajo y la relación obligada va alimentando un auténtico interés y una verdadera amistad.
DIRECCIÓN:
Álvaro Pastor, Antonio Naharro
GUIÓN:
Álvaro Pastor, Antonio Naharro
REPARTO:
Lourdes Naharro, Ana Gracia, Carlos Lorenzo, Catalina Lladó, Pilar Espinosa, Antonio Morales, Antonio Sardina
PRODUCTORA:
Álvaro Pastor
MÚSICA ORIGINAL:
Francisco Musulen, Luis Elices
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA:
Jerónimo Molero
DIRECCIÓN DE ARTE:
Inés Aparicio
MONTAJE:
Nino Martínez Sosa
SONIDO DIRECTO:
Eva Valiño
MONTAJE DE SONIDO:
Nacho Royo
MEZCLAS:
Jorge Lerner
VESTUARIO:
Gemma Piedrabuena, Rosa Álvarez
MAQUILLAJE:
Elena Gómez
PELUQUERÍA:
Elena Gómez

venres, 28 de outubro de 2016

Mediación entre iguais

Este xoves comezou a mediación entre iguais. Este é o terceiro curso que está a funcionar e lévase a cabo dende a dinamización de Convivencia co asesoramento do Departamento de Orientación.

A mediación entre iguais é un proceso que trata de resolver resolver os conflitos dun xeito pacífico entre dúas partes, no que unha terceira parte neutral (o/a mediador/a) axuda a que se atope unha solución sendo as súas características:

  • O mediador/a ten que ser neutral e imparcial.
  • O mediador/a non toma a decisión, nin acusa, nin castiga, nin xulga, senón que axuda a chegar a un acordo satisfactorio.  
  • É unha negociación cooperativa, xa que promove unha solución, na que as partes implicadas gañan ou obteñen un beneficio. 
  • É un proceso voluntario e confidencial; as partes en conflito deben solicitar voluntariamente a mediación.O mediador/a debe garantir a confidencialidade do que se fale no proceso. 
  • Os alumnos/as que accedan á mediación deben amosar unha actitude de respecto entre eles, de escoita e de diálogo.O
O curso 14/15 comezamos no segundo trimestre e houbo 70 intervencións das cales 66 foron resoltas grazas a mediación e 4 tiveron que resolvelas os mestres.
No curso pasado houbo 114 intervención con 103 resoltas mediante a mediación e 11 non poo que pasaron a resolvelas os mestres

Intervencións
MOTIVO
14-15*
15-16
Pegar
21
49
Insulto
10
15
Non deixar xogar
8
4
Non saber xogar
8
10
Enfados entre amigos
3
10
Tirarlle pedras
3
0
Discusión
2
2
Balonazo
2
1
Golpe sen querer
2
4
Non dar comida
1
0
Non deixar en paz
1
0
Mentiras
1
2
Perseguir
1
4
Obligar a facer algo
1
1
Poñerse caras
1
0
Mollar
1
1
Gritar no oido
1
0
Levartarlle o vestido
1
0
Acusar
1
0
Tirarse encima
1
0
Ameazas
0
1
Provocar
0
1
Non deixar turno
0
1
Empurrar
0
4
Gastar bromas
0
1
Asuntos persoais
0
1
Molestar
0
3
Burlas
0
1
TOTAL
70
121

RESOLUCIÓN
14-15*
15-16
Pedir perdón
40
51
Xogar xuntos
11
3
Non molestar
5
0
Deixar xogar
4
2
Darse un bico
1
7
Darse a man
1
1
Non discutir
1
0
Non pelexar
4
1
Non poñer caras
1
0
Ser amigo
2
12
Respetarse
1
1
Darse un abrazo
2
13
Ser amigos para sempre
1

Pasar a pelota
1
0
Axudarlle
0
1
Non volverá a pasar
0
7
Facer as paces
0
2
Chegar a acordos
0
2
Resoltos
66
103
Non resolto. Resoltos polo mestre
4
11