mércores, 1 de febreiro de 2017

Unha grande reflexión

Cando tes un fillo, sen discapacidade sen ningún tipo de dificultades e  saca boas notas eres feliz. Para ti é unha alegría normal porque, por suposto, consideras que é a súa obrigación o ter boas notas.

 Pero, cando tes un fillo con algunhas limitacións, cada un das súas aprendizaxes e éxitos, por mínimos que sexan, vibras coma se gañases a lotería, o teu corazón expándese porque te enches de amor, de orgullo e xuntos estalan en felicidade, choras de alegría. É pouca cousa para outras persoas pero para ti que ese inmenso esforzo transfórmese en éxito o é todo, e algo que non se pode explicar.


Pero cando alguén tenta danar ou burlarse do teu fillo ese amor convértese nunha dor inmensa, rabia, impotencia, frustración....

Gustaríame pedirlles un favor sobre un tema moi importante: ensinen aos seus fillos a ser amables, aceptando a todos os compañeiros de clase, aos seus veciños, familiares, amigos. Ensinen que as persoas con discapacidade non son raras, ensinen aos seus fillos a ter empatía con eles, a ser amables, a aceptar aos demais como son, porque todas estas cualidades non se ensinan na escola, xorde da casa, da familia,das persoas que nos rodean e ese debería ser o orgullo de todos os pais: que sexan seres humanos de ben para cos seus iguais.

Estes nenos e nenas soamente queren o que todos queren: ser aceptado, ser amado, ser comprendido, do mesmo xeito que todos.