"A intelixencia executiva é a que organiza todas as demais intelixencias e ten como obxectivo dirixir ben a acción (mental ou física), aproveitando os nosos recursos cognitivos e emocionais"(J. A. Mariña).
Permítenos:
- Conseguir metas a futuro
- Ser autónomos
- Ser responsables
- Ter tesón e perseveranza
- Saber soportar o esforzo e aguantar as molestias
- Saber postergar a gratificación inmediata
O mal funcionamento das FE nos nenos e nenas TDAH fai que no colexio sexan nenos que:
- Non apuntan as cousas na axenda
- Non saben cando hai exames
- Falan en clase polo que traen notas negativas
- Pola súa impulsividade sáltanse pasos importantes nunha tarefa
- Non son conscientes dos seus erros mentres fan as tarefas
- A pesar de aprenderse o contido dun exame, no momento non se activa a súa información en memoria de traballo
- Mala expresión escrita polas súas dificultades de organización e planificación
Exemplos do mal funcionamento executivo dos nenos TDAH:
INICIACIÓN
- Escusas para postergar o inicio da tarefa
- Parece non escoitar cando se lle fala
- Nega que algunha das tarefas sinaladas haxa que facela (mentira por evitación do esforzo).
- Búscase unha escusa e monta unha rabecha
- Xusto ten que facer algo moi importante
- Necesita que lle digan que empece a facelo aínda que está disposto
MEMORIA DE TRABALLO
- Non recorda o que ten que facer
- Non recorda como o ten que facer
- Non recorda para cando o ten que facer
- Non apunta as cousas na axenda
- Ante instrucións longas esquécese a metade
- Esquécese o que estaba a facer
INHIBICIÓN
- No medio do seu traballo distráese e non sabe como seguir
- Interrompe os demais
- Di cousas inesperadas
- Cústalle frear os seus propios actos
CAMBIO
- Non acepta as correccións e monta unha rabecha
- Moléstase cando lle cambian os plans
- Non acepta suxestións
- Di as mesmas cousas unha e outra vez
PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN
- Cústalle seguir as instrucións que se lle marcan
- Dificultade na organización da tarefa
- Deixa todo para o último momento
- Non sabe o que é prioritario
- Esquéceselle entregar a tarefa aínda que a teña feita
- Non sabe calcular o tempo que lle levará facer algo
DEBEMOS AXUDALOS A DESENVOLVER A SÚA INTELIXENCIA EXECUTIVA PARA QUE SEXAN CAPACES DE AFRONTAR CON ÉXITO O SEU PROCESO DE APRENDIZAXE:
- Facer material e visible o tempo mediante reloxos, cronómetros...
- Facer material e visibles as normas claras e concretas
- Facer material e visible a motivación
- Fragmentar as tarefas
- Dar tempos de descanso
- Deixar na mesa soamente o necesario
- Moito reforzo positivo
RESULTA FUNDAMENTAL
- Coñecer o funcionamento neuropsicolóxico do neno con TDAH
- Non é unha cuestión de vontade. Ningún neno "decide" ter dificultades porque el quere. Se as ten é porque carece dalgunha habilidade importante.
- Compensar as súas dificultades executivas ( por exemplo, supervisar que apunte todo na axenda), como o facemos con nenos con outro tipo de dificultades (nenos que ven mal poñémoslle lentes).
- O neno non ten capacidade de reflexionar sobre o que lle pasa se non o axudamos.
- O neno debe crer na súa capacidade. É obriga dos adultos inducir esta crenza - xustificada- nos nenos
OS OBXECTIVOS SON:
- Adestralos de maneira que poidan chegar a ser autónomos e responsables
- Que poidan afrontar os desafíos escolares de xeito reflexivo e asertivo
- Que poidan ser pro-activos, proporcionarlles posibilidades, empurralos á acción, a proxectar, ensinalos a emprender
- Que aprendan a coñecerse así mesmos (os seus puntos fortes e os seus puntos débiles)
*Documentación obtida das Xornadas TDAH: Actuacións de coordinación institucional e intervención educativa" celebradas en Cangas do Morrazo os días 24 e 25 de xaneiro de 2.014.
Ningún comentario:
Publicar un comentario