http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html
1.-TIPOS DE AXUDAS
1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
• Discapacidade
• Trastorno grave de conduta.
• TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
*Discapacidade: acreditada cun
certificado de discapacidade ou certificado dun equipo de valoración dun centro
base (artigo 2.1). O certificado de discapacidade por si so, non determina
que o alumno ou alumna teña unha necesidade específica de apoio educativo; esta
necesidade deberá ser certificado polo Departamento de Orientación
*Trastorno grave de
conduta (TGC): acreditado mediante diagnóstico clínico dos servizos sanitarios
sostidos con fondos públicos (artigo 2.1)
*TDAH: acreditado mediante
diagnóstico clínico de TGC e/ou certificado de discapacidade (artigo 1.a), e
certificado polo DO ou EOE no que se acredite a necesidade de apoio educativo
derivada de discapacidade ou TGC.
1.3.- Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades
2.-REQUISITOS
2.1.-Para axudas directas e subsidios:
*Discapacidade acreditada polo Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou certificado dun equipo de valoración dun centro base (artigo 2.1). O certificado de discapacidade por si so, non determina que o alumno ou alumna teña unha necesidade específica de apoio educativo; esta necesidade deberá ser certificado polo Departamento de Orientación.
*Trastorno grave de conduta (TGC): acreditado mediante diagnóstico clínico dos servizos sanitarios sostidos con fondos públicos (artigo 2.1)
*TDAH: acreditado mediante diagnóstico clínico de TGC e/ou certificado de discapacidade (artigo 1.a), e certificado polo DO ou EOE no que se acredite a necesidade de apoio educativo derivada de discapacidade ou TGC.
*Existe umbral de renda e patrimonio
• Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.
2.2.-Altas capacidades:
• Acreditado mediante avaliación psicopedagóxica do DO ou do EOE (artigo 3.1)
3.-CLASES DE AXUDAS E CUANTÍAS
3.1.-Axudas directas
Aínda que hai outras clases de axudas (ensinanza, transporte interurbano, residencia escolar, transporte fin de semana, trasporte urbano, libros e material específico) a maioría do alumnado do Celso Emilio poden pedir as seguintes:
· Reeducación pedagóxica e de linguaxe cun límite de 913 € e levarán:
o Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade da reeducación
o Certificación acreditativa do custe mensual do servicio expedido polo centro reeducador
· Comedor escolar….ata 574 €
3.2.-Subsidios
Os subsidios por necesidades educativas especiais soamente pódese pedir para transporte interurbano, urbano e no caso do noso centro para comedor escolar (ata 574 €)
3.3.-Altas capacidades
· Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade desta axuda
· Certificación acreditativa do custe mensual do servizo expedido polo centro que o preste
· A axuda será dunha cantidade máxima de 913 €
4.-MODELO DE SOLICITUDE
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”
Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.
No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio
5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o día 29 de setembro de 2016
RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2016-37709
TODA A INFORMACIÓN E ACCESO ON LINE: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion.html
Pequeno titorial para cubrir as becas: https://drive.google.com/file/d/0B7y_wGs7-Q5wS1hVc3VpQmVzYnM/view?usp=sharing
O día 1 de setembro estaremos no colexio e resolveremos as dúbidas que se presenten
Ningún comentario:
Publicar un comentario