venres, 28 de outubro de 2016

Mediación entre iguais

Este xoves comezou a mediación entre iguais. Este é o terceiro curso que está a funcionar e lévase a cabo dende a dinamización de Convivencia co asesoramento do Departamento de Orientación.

A mediación entre iguais é un proceso que trata de resolver resolver os conflitos dun xeito pacífico entre dúas partes, no que unha terceira parte neutral (o/a mediador/a) axuda a que se atope unha solución sendo as súas características:

  • O mediador/a ten que ser neutral e imparcial.
  • O mediador/a non toma a decisión, nin acusa, nin castiga, nin xulga, senón que axuda a chegar a un acordo satisfactorio.  
  • É unha negociación cooperativa, xa que promove unha solución, na que as partes implicadas gañan ou obteñen un beneficio. 
  • É un proceso voluntario e confidencial; as partes en conflito deben solicitar voluntariamente a mediación.O mediador/a debe garantir a confidencialidade do que se fale no proceso. 
  • Os alumnos/as que accedan á mediación deben amosar unha actitude de respecto entre eles, de escoita e de diálogo.O
O curso 14/15 comezamos no segundo trimestre e houbo 70 intervencións das cales 66 foron resoltas grazas a mediación e 4 tiveron que resolvelas os mestres.
No curso pasado houbo 114 intervención con 103 resoltas mediante a mediación e 11 non poo que pasaron a resolvelas os mestres

Intervencións
MOTIVO
14-15*
15-16
Pegar
21
49
Insulto
10
15
Non deixar xogar
8
4
Non saber xogar
8
10
Enfados entre amigos
3
10
Tirarlle pedras
3
0
Discusión
2
2
Balonazo
2
1
Golpe sen querer
2
4
Non dar comida
1
0
Non deixar en paz
1
0
Mentiras
1
2
Perseguir
1
4
Obligar a facer algo
1
1
Poñerse caras
1
0
Mollar
1
1
Gritar no oido
1
0
Levartarlle o vestido
1
0
Acusar
1
0
Tirarse encima
1
0
Ameazas
0
1
Provocar
0
1
Non deixar turno
0
1
Empurrar
0
4
Gastar bromas
0
1
Asuntos persoais
0
1
Molestar
0
3
Burlas
0
1
TOTAL
70
121

RESOLUCIÓN
14-15*
15-16
Pedir perdón
40
51
Xogar xuntos
11
3
Non molestar
5
0
Deixar xogar
4
2
Darse un bico
1
7
Darse a man
1
1
Non discutir
1
0
Non pelexar
4
1
Non poñer caras
1
0
Ser amigo
2
12
Respetarse
1
1
Darse un abrazo
2
13
Ser amigos para sempre
1

Pasar a pelota
1
0
Axudarlle
0
1
Non volverá a pasar
0
7
Facer as paces
0
2
Chegar a acordos
0
2
Resoltos
66
103
Non resolto. Resoltos polo mestre
4
11

mércores, 28 de setembro de 2016

Becas "necesidade específica de apoio educativo"

Ampliación del plazo de presentación de solicitudes: Por resolución del Secretario de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades de 27 de septiembre de 2016, se amplía el plazo de presentación de solicitudes de la convocatoria da ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso 2016-2017 hasta el día 6 de octubre inclusive.

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

mércores, 10 de agosto de 2016

Axudas para alumnos/as con necesidade espécifica de apoio educativo

Resolución do 27 de xullo de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2016-2017
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html

1.-TIPOS DE AXUDAS
         1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
                   • Discapacidade
                   •  Trastorno grave de conduta.
                   •  TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
*Discapacidade: acreditada cun certificado de discapacidade ou certificado dun equipo de valoración dun centro base (artigo 2.1). O certificado de discapacidade por si so, non determina que o alumno ou alumna teña unha necesidade específica de apoio educativo; esta necesidade deberá ser certificado polo Departamento de Orientación
*Trastorno grave de conduta (TGC): acreditado mediante diagnóstico clínico dos servizos sanitarios sostidos con fondos públicos (artigo 2.1)
*TDAH: acreditado mediante diagnóstico clínico de TGC e/ou certificado de discapacidade (artigo 1.a), e certificado polo DO ou EOE no que se acredite a necesidade de apoio educativo derivada de discapacidade ou TGC. 

         1.2.- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas

         1.3.- Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades

2.-REQUISITOS

        2.1.-Para axudas directas e subsidios:
                    *Discapacidade acreditada polo Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou certificado dun equipo de valoración dun centro base (artigo 2.1). O certificado de discapacidade por si so, non determina que o alumno ou alumna teña unha necesidade específica de apoio educativo; esta necesidade deberá ser certificado polo Departamento de Orientación.
                   *Trastorno grave de conduta (TGC): acreditado mediante diagnóstico clínico dos servizos sanitarios sostidos con fondos públicos (artigo 2.1)

                   *TDAH: acreditado mediante diagnóstico clínico de TGC e/ou certificado de discapacidade (artigo 1.a), e certificado polo DO ou EOE no que se acredite a necesidade de apoio educativo derivada de discapacidade ou TGC. 
                  
                    *Existe umbral de renda e patrimonio
                    • Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.

        2.2.-Altas capacidades:
                   • Acreditado mediante avaliación psicopedagóxica do DO ou do EOE (artigo 3.1)

3.-CLASES DE AXUDAS E CUANTÍAS
         3.1.-Axudas directas
                   Aínda que hai outras clases de axudas (ensinanza, transporte interurbano, residencia escolar, transporte fin de semana, trasporte urbano, libros e material específico) a maioría do alumnado do Celso Emilio poden pedir as seguintes:
                ·         Reeducación pedagóxica e de linguaxe cun límite de 913 € e levarán:
                                 o   Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade da reeducación
                                 o   Certificación acreditativa do custe mensual do servicio expedido polo centro reeducador
              ·         Comedor escolar….ata 574 €

3.2.-Subsidios
         Os subsidios por necesidades educativas especiais soamente pódese pedir para transporte interurbano, urbano e no caso do noso centro para comedor escolar (ata 574 €)

3.3.-Altas capacidades
·         Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade desta axuda
·         Certificación acreditativa do custe mensual do servizo expedido polo centro que o preste
·         A axuda será dunha cantidade máxima de 913 €

4.-MODELO DE SOLICITUDE
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”

Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.

No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio

5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o día 29 de setembro de 2016

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIAhttp://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2016-37709

TODA A INFORMACIÓN E ACCESO ON LINEhttp://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion.html

Pequeno titorial para cubrir as becas: https://drive.google.com/file/d/0B7y_wGs7-Q5wS1hVc3VpQmVzYnM/view?usp=sharing

O día 1 de setembro estaremos no colexio e resolveremos as dúbidas que se presenten