O Departamento de Orientación é un servizo de atención ao alumnado e de asesoramento permanente ao profesorado e as familias da nosa comunidade educativa.
Está composto por:
- O Orientador que organiza e xestiona o relacionado co Departamento
- A especialista en Audición
e Linguaxe: Potencia as habilidades comunicativo-lingüísticas e
intervén nos problemas da linguaxe e comunicación
- A especialista en Pedagoxía
Terapéutica: Traballa co alumnado con Necesidades Específicas de Apoio
Educativo.
- Coordinadores/as de ciclo. Representan ao profesorado do centro.
Cales son as principais funcións?
- Valorar as necesidades educativas do alumnado e deseñar e avaliar programas específicos de intervención
- Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e a prevención de dificultades e problemas de apendizaxe.
- Ofrecer soporte técnico ao profesorado
- Participar na elaboración do Proxecto Educativo do Centro, incidindo na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, nos principios de avaliación e na adecuación dos criterios de promoción.
- Apoiar e asesorar ao alumnado para afrontar os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade.
Cando podedes solicitar as familias a nosa intervención?
Cando exista un problema ou precisedes asesoramento sobre:
- Aprendizaxe escolar
- Ciumes entre irmás
- Problemas de conduta
- Dificultade na linguaxe
- Control de esfínteres
- Separación ou divorcio
- Adopción
- Técnicas de estudio
- Dúbidas na educación dos vosos/as fillos/as
Cando vos podemos atender?
Poderémosvos atender todos os días, agás os venres, de 9 a 10 e os martes de 17,30 a 18,30 horas previa cita a través dos seus fillos/as ou do teléfono do colexio.
Mucha suerte con tu nuevo blog y muchas gracias por tenerme en cuenta para tu lista de blogs. Un saludo
ResponderEliminarWww.dudasdepapas.bogspot.com.es
Gracias Cristina; me encanta tu blog
ResponderEliminarhttp://dudasdepapas.blogspot.com.es lo he puesto mal antes.
ResponderEliminarMe parece muy interesante y útil este blog, ya que contiene información sobre asuntos que preocupan mucho a las familias, que en la mayoria de los casos se sienten perdidos cuando sus hijos tienen algún tipo de problema.
ResponderEliminarMuchas gracias.
Gracias María; eso mismo es lo que pretendo: que sea un lugar donde todos podamos participar sobre los problemas que os preocupan de vuestros hijos.
Eliminar