martes, 14 de abril de 2015

Hoxe comenza o Programa de Mediación

¿En que consiste a mediación entre iguais?
É un proceso de resolución de conflitos que consiste na intervención dunha terceira persoa, un alumno/a  mediador ou mediadora, que intenta que as partes en conflito cheguen a un acordo mediante o diálogo.

Características:
·     É unha negociación cooperativa, xa que promove unha solución, na que as partes implicadas gañan ou obteñen un beneficio.
·     O mediador/a ten que ser neutral e imparcial durante o proceso. O mediador/a non toma as decisión, nin acusa, nin castiga, nin xulga.
·     O mediador/a debe ser aceptado polas partes en conflito.
·     A mediación ten que ser libre e voluntaria.
·     O/a mediador/a debe garantir a absoluta confidencialidade do que se fale no  proceso.

Cando acudo ao Mediador
·        Amizades que se deterioran
·        Faltas de respecto
·        Malentendidos ou rumores
·        Obxectos persoais
·        Espazos de xogo
·        Discriminación

Normas a cumprir
·        REPECTAR A QUENDA DA PALABRA.
·        NON INSULTAR
·        DECIR A VERDADE DO QUE PASOU.
·        ESCOITAR SEN INTERROMPER.
·        QUERER ARRANXAR O PROBLEMA

Como atopo a un Mediador?:

        Os mediadores estarán no patio e serán identificados xa levarán un peto amarelo