venres, 28 de outubro de 2016

Mediación entre iguais

Este xoves comezou a mediación entre iguais. Este é o terceiro curso que está a funcionar e lévase a cabo dende a dinamización de Convivencia co asesoramento do Departamento de Orientación.

A mediación entre iguais é un proceso que trata de resolver resolver os conflitos dun xeito pacífico entre dúas partes, no que unha terceira parte neutral (o/a mediador/a) axuda a que se atope unha solución sendo as súas características:

  • O mediador/a ten que ser neutral e imparcial.
  • O mediador/a non toma a decisión, nin acusa, nin castiga, nin xulga, senón que axuda a chegar a un acordo satisfactorio.  
  • É unha negociación cooperativa, xa que promove unha solución, na que as partes implicadas gañan ou obteñen un beneficio. 
  • É un proceso voluntario e confidencial; as partes en conflito deben solicitar voluntariamente a mediación.O mediador/a debe garantir a confidencialidade do que se fale no proceso. 
  • Os alumnos/as que accedan á mediación deben amosar unha actitude de respecto entre eles, de escoita e de diálogo.O
O curso 14/15 comezamos no segundo trimestre e houbo 70 intervencións das cales 66 foron resoltas grazas a mediación e 4 tiveron que resolvelas os mestres.
No curso pasado houbo 114 intervención con 103 resoltas mediante a mediación e 11 non poo que pasaron a resolvelas os mestres

Intervencións
MOTIVO
14-15*
15-16
Pegar
21
49
Insulto
10
15
Non deixar xogar
8
4
Non saber xogar
8
10
Enfados entre amigos
3
10
Tirarlle pedras
3
0
Discusión
2
2
Balonazo
2
1
Golpe sen querer
2
4
Non dar comida
1
0
Non deixar en paz
1
0
Mentiras
1
2
Perseguir
1
4
Obligar a facer algo
1
1
Poñerse caras
1
0
Mollar
1
1
Gritar no oido
1
0
Levartarlle o vestido
1
0
Acusar
1
0
Tirarse encima
1
0
Ameazas
0
1
Provocar
0
1
Non deixar turno
0
1
Empurrar
0
4
Gastar bromas
0
1
Asuntos persoais
0
1
Molestar
0
3
Burlas
0
1
TOTAL
70
121

RESOLUCIÓN
14-15*
15-16
Pedir perdón
40
51
Xogar xuntos
11
3
Non molestar
5
0
Deixar xogar
4
2
Darse un bico
1
7
Darse a man
1
1
Non discutir
1
0
Non pelexar
4
1
Non poñer caras
1
0
Ser amigo
2
12
Respetarse
1
1
Darse un abrazo
2
13
Ser amigos para sempre
1

Pasar a pelota
1
0
Axudarlle
0
1
Non volverá a pasar
0
7
Facer as paces
0
2
Chegar a acordos
0
2
Resoltos
66
103
Non resolto. Resoltos polo mestre
4
11

Ningún comentario:

Publicar un comentario