domingo, 22 de febreiro de 2015

Síndrome de Asperger

O pasado 18 de febreiro celebrouse o día internacional da Síndrome de Asperger.
A síndrome de Asperger é un trastorno do desenvolvemento severo localizado no espectro autista que afecta ao 2,5% da poboación mundial, tamén coñecida como "síndrome do planeta equivocado".
A diferenza do autista, o Asperger, é consciente da súa diferenza e pode reflexionar sobre ela.
A Síndrome de Asperger describe unha alteración no comportamento, que se identifica coa falta de empatía cos demais, as dificultades para entender a ironía ou o sarcasmo, ou problemas motoras que os fan a miúdo parecer torpes ou atrasados. Tamén son comúns os problemas para atender ao seu coidado persoal, ou a tendencia a ser repetitivos en temas moi concretos.
Estas circunstancias fanos diferentes a nós. O normal, é que sexamos todos iguais? Que hai de bo ou de malo en ser diferente?


O documental "Planet Asperger" conta a historia de persoas afectadas por esta síndrome e que podedes ver estes días.
Os protagonistas son:

Michelle (16 anos). Cada día no instituto foi un pesadelo para Michelle. O bullying espertou nela un desexo de reivindicar a súa diferenza. Non vai aguantar máis.

Marcos (12 anos) Quere ter amigos, pero non sabe como. Desexa facer feliz aos que o rodean. Pero... que fai feliz a Marcos?

Víctor (22 anos). Decidiu encerrarse para sempre no seu cuarto, onde está a crear un micromundo. Xa non é accesible para ninguén: nin psicólogos nin familia.

Regina (34 anos) O seu lado autista case a afunde nun pozo sen retorno, pero agora recompón paso a paso a súa vida, tras un inesperado golpe do destino.


Podedes ver o trailer neste enlace:
http://www.planetasperger.com/teaser.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario