sábado, 29 de agosto de 2015

Axudas para alumnos/as con necesidade espécifica de apoio educativo

Resolución de 4 de xullo de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2015-2016
https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica

1.-TIPOS DE AXUDAS
         1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
                   • TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
                   •  Discapacidade
                   •  Trastorno grave de conduta.

         1.2.- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas

         1.3.- Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades

2.-REQUISITOS
        2.1.-Para axudas directas e subsidios:
                    • Ter necesidade educativa asociada a discapacidade ou trastornos graves de conduta acreditado por:
                          *Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou polo Departamento de Orientación do Centro
                   • Requisitos económicos:
                                   *Existe umbral de renda e patrimonio
                    • Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.

        2.2.-Altas capacidades:
                   • Certificado del Departamento de Orientación acreditando a alta capacidade

3.-CLASES DE AXUDAS E CUANTÍAS
         3.1.-Axudas directas
                   Aínda que hai outras clases de axudas (ensinanza, transporte interurbano, residencia escolar, transporte fin de semana, trasporte urbano, libros e material específico) a maioría do alumnado do Celso Emilio poden pedir as seguintes:
                ·         Reeducación pedagóxica e de linguaxe cun límite de 913 € e levarán:
                                 o   Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade da reeducación
                                 o   Certificación acreditativa do custe mensual do servicio expedido polo centro reeducador
              ·         Comedor escolar….ata 574 €

3.2.-Subsidios
         Os subsidios por necesidades educativas especiais soamente pódese pedir para transporte interurbano, urbano e no caso do noso centro para comedor escolar (ata 574 €)

3.3.-Altas capacidades
·         Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade desta axuda
·         Certificación acreditativa do custe mensual do servizo expedido polo centro que o preste
·         A axuda será dunha cantidade máxima de 913 €

4.-MODELO DE SOLICITUDE
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”

Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.

No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio


5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o día 30 de setembro de 2015

RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-8699

TODA A INFORMACIÓN E ACCESO ON LINE:  https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica

Pica AQUI para obter o impreso

Non dubidedes en consultar co Orientador do Centro

Ningún comentario:

Publicar un comentario