sábado, 24 de xaneiro de 2015

Dez consellos para estudar

1. -Descobre o teu estilo de Aprendizaxe.
Afortunadamente, non todos aprendemos igual. Algúns aprendemos mellor de forma visual, outros de forma auditiva e outros facendo e experimentando. É fácil saber cal é o teu estilo fixándoche un pouco no que fas na túa vida diaria ou falando con alguén que saiba do tema.
2. -Descobre que che funciona mellor segundo o teu estilo.
Por exemplo, si es do tipo cinestésico (necesita facer e experimentar), serache máis útil estudar dándoche paseos polo cuarto que estando quedo. Si es auditivo, serache útil recitar os temas, estudar con outro compañeiro, etc,?
3. -Método.
Aínda que pareza obvio, ter un método para calquera cousa, permítenos gañar en eficacia, en tempo, e en reducir enormemente a enerxía física e mental que gastamos. Ter un bo método de análise da información (lectura, subliñado, esquemas, mapas mentais), vai mellorar a nosa comprensión lectora e favorecer que os contidos instálense na memoria. O mellor é que cho ensine un experto na materia.
4. -Aprende un método sinxelo de subliñado.
Como adoita suceder, aquí hai variedade de opinións: con varias cores, con dúas, cun, con rotuladores, fosforitos, bolígrafos,lápices.....o ideal é que cada un atope o estilo que máis lle convén. Pero non debemos esquecer que o subliñado só debe ser unha guía visual das palabras crave do texto. Como tal, a técnica debería ser a máis sinxela e visual posible. A nosa recomendación: bolígrafo verde e crear técnicas distintas para distintos tipos de ideas (principais, secundarios, etc,?.). Exemplo: palabras crave principais nun cadro e secundarias subliñadas cunha raia.
5. -Xestión do tempo.
Trucos: exprime o tempo ao máximo. Faga as cousas co mínimo tempo posible para concentrar esforzos. A axenda convértese en elemento fundamental no que detallamos todos os nosos futuros pasos, especificando que temas imos estudar, cando repase, etc,?.Ritmo ideal: estudo media hora e descanso 5 minutos.
6. -Lectura.
Cunhas sinxelas técnicas de lectura rápida conséguense varias cousas: lleer máis rápido, comprender mellor, e en consecuencia, ir colléndolle gusto á lectura. Isto pode marcar toda a diferenza.
7. -Memoria.
Non é cuestión de ter mellor ou peor memoria. Trátase de coñecer unhas técnicas que, si apréndense e usan correctamente, podo funcionar como un superordenador sen darme conta.
8. -Atención e concentración.
Aquí tamén podemos aprender sinxelos exercicios para melloralas, así como para relaxarnos e afrontar o stress ante os estudos e os exames. Os orientais teñen unha sinxela técnica que consiste en mirar fijamente unha vela durante uns minutos.
9. -Traballa as túas crenzas.
Ás veces nós mesmos somos o noso peor inimigo. Detectar e traballar os pensamentos negativos que ás veces temos ("non vallo", "teño que ser o mellor", non merezo o éxito", etc,) pode marcar un antes e un despois na nosa vida, librándonos dunha forte carga de ansiedade.
10. -Se o teu propio xuíz.
Superar esas crenzas limitantes, debería levarche en definitiva a ser ti o xuíz e o promotor da túa propia vida e das túas decisións. Deixa de compararche con outros e de ser vítima das expectativas que os demais poñen sobre ti, sexan boas ou malas.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

Alumnado con trastornos da aprendizaxe

Os trastornos da aprendizaxe defínense en base a un rendemento escolar por debaixo do esperado nas capacidades para a lectura, o cálculo e/ou a expresión escrita tendo en conta:
*a idade cronolóxica do alumno/a
*a súa escolarización
*o seu nivel intelectual

O TRASTORNO DA LECTURA
Inclúe as dificultades de acceso ás competencias lectoras que se dan nestes tres aspectos:
  1. Na exactitude lectora, tanto dificultyades relativas ao código lingüístico (confusións, omisións, adicións, inversións, alteracións no proceso lector) como as que fan referencia á mecánica lectora (soletreo, detencións, atascos, saltos de liñas)
  2. Na velocidade lectora
  3. Na comprensión lectora,
O TRASTORNO DO CÁLCULO
É a dificultade de acceso ás competencias matemáticas en relación a:
  1. Os procesos básicos, relativos á comprensión da conservación, reversibilidade, realización de clasificacións, seriacións e outras operacións lóxicas matemáticas
  2. O sistema numérico, en canto ás dificultades nos principios de estabilidade dos números, á cardinalidade, á abstracción, á irrelevancia da orde e ás dificultades no sistema de numeración
  3. A realización de cálculos numéricos, tales como comprensión das operacións, a mecánicadas operacións e as vinculadas aos erros conceptuais
  4. A lectura simbólica numérica
  5. A resolución de problemas matemáticos
O TRASTORNO DA ESCRITURA
Fai referencia ás dificultades no acceso ás competencias gráficas nos seguintes aspectos:
  1. Proceso grafomotriz ou disgrafía, en referencia aos sinistroxiros, déficits na presión, dificultades na direccionalidade, regularidade e lexibilidade dos grafismos e ao emprego do espazo gráfico
  2. Ortofrafía ou disortografía, realizar substitucións, omisións, engadir e/ou invertir os grafemas, facer unións, separacións inadecuadas de sílabas, palabras ou frases, e erros na ortografía regrada.
  3. Procesos de expresión e composición, dificultades relativas ao formato da escritura, expresividade e dominio das técnicas de expresión: descrición, narración, exposición, ...
Orientación e respostas educaticas. ALUMNADO CON TRASTORNOS DA APRENDIZAXE. Xunta de Galicia

venres, 26 de decembro de 2014

A outra carta aos Reis Magos

Este vídeo se converteu nun viral na rede con varios millóns de visitas e que ten por título "a outra carta"
Trátase dun vídeo realizado pola empresa de mobles Ikea e che recomendo que vexas e reflexiones acerca da súa mensaxe. 
É un vídeo que aborda varios aspectos, pero gustaríame destacar un que me parece esencial: o valor do tempo na educación dos nenos.





sábado, 20 de decembro de 2014

10 consellos para estudiantes

1.-Descubre o teu estilo de Aprendizaxe. 
Afortunadamente, non todos aprendemos igual. Algúns aprendemos mellor de forma visual, outros de forma auditiva e outros facendo e experimentando. É doado saber cal é o teu estilo fixándote un pouco no que fas na túa vida diaria ou falando con alguén que saiba do tema.
2.-Descubre que te funciona mellor segundo o teu estilo
Por exemplo, se es do tipo cinestésico (necesita facer e experimentar), serache máis útil estudar dándoche paseos polo cuarto que estando quieto. Se es auditivo, serate útil recitar os temas, estudar con outro compañeiro, etc,…
3.-Método. 
Aínda que pareza obvio, ter un método para calquera cousa, permítenos gañar en eficacia, en tempo, e en reducir enormemente a enerxía física e mental que gastamos. Ter un bo método de análise da información (lectura, subliñado, esquemas, mapas mentais), vai mellorar a nosa comprensión lectora e favorecer que os contidos se instalen na memoria. O mellor é que cho ensine un experto na materia.
4.-Aprende un método sinxelo de subliñado. 
Como adoita acontecer, aquí hai variedade de opinións: con varias cores, con dous, cun, con rotuladores, fosforitos, bolígrafos, lápices,.....o ideal é que cada un encontre o estilo que máis lle convén. Pero non debemos esquecer que o subliñado só debe ser unha guía visual das palabras clave do texto. Como tal, a técnica debería ser o máis sinxela e visual posible. A nosa recomendación: bolígrafo verde e crear técnicas distintas para distintos tipos de ideas (principais, secundarias, etc,….). Exemplo: palabras clave principais nun cadro e secundarias subliñadas cunha raia.
5.-Xestión do tempo. 
Trucos: espreme o tempo ao máximo. Fai as cousas co mínimo tempo posible para concentrar esforzos. A axenda convértese en elemento fundamental no que detallamos todos os nosos futuros pasos, especificando que temas imos estudar, cando repasar, etc,….Ritmo ideal: estudo media hora e descanso 5 minutos.
6.-Lectura. 
Cunhas sinxelas técnicas de lectura rápida conséguense varias cousas: ler máis rápido, comprender mellor, e en consecuencia, ir colléndolle gusto á lectura. Isto pode marcar toda a diferenza.
7.-Memoria
Non é cuestión de ter mellor ou peor memoria. Trátase de coñecer unhas técnicas que, se se aprenden e usan correctamente, podo funcionar como un superordenador sen darme conta.
8.-Atención e concentración. 
Aquí tamén podemos aprender sinxelos exercicios para melloralas, así como para relaxarnos e afrontar o stress ante os estudos e os exames. Os orientais teñen unha sinxela técnica que consiste en mirar fixamente unha vela durante uns minutos.
9.-Traballa as túas crenzas. 
Ás veces nós mesmos somos o noso peor inimigo. Detectar e traballar os pensamentos negativos que ás veces temos ("non valgo", "teño que ser o mellor", non merezo o éxito", etc,……) pode marcar un antes e un despois na nosa vida, librándonos dunha forte carga de ansiedade.
10.-Se o teu propio xuíz. 
Superar esas crenzas limitantes, debería levarte en definitiva a ser ti o o xuíz e o promotor da túa propia vida e das túas decisións. Deixa de compararte con outros e de ser vítima das expectativas que os demais poñen sobre ti, sexan boas ou malas.

Visto en: https://escueladeaprendizajedinamico.wordpress.com/

sábado, 6 de decembro de 2014

Habilidades sociais

As habilidades sociais son as condutas necesarias para interactuar e relacionarse cos demais de forma efectiva e mutuamente satisfactoria.
Polo tanto é importante destacar que:

- Trátase de condutas, isto quere dicir que son aspectos observables, medibles e modificables; non é un trazo innato dun suxeito, determinado polo seu código xenético

- Entra en xogo o outro. Non se refiren a habilidades de autonomía persoal como lavar os dentes ou manexar o caixeiro automático, senón a aquelas situacións nas que participan polo menos dúas persoas

- Esta relación co outro é efectiva e mutuamente satisfactoria. A persoa con habilidades sociais defende o que quere e expresa o seu acordo ou desacordo sen xerar malestar na outra persoa.

Pero non só é importante ter habilidades sociais, senón poñelas en práctica na situación axeitada. Esta adecuación das condutas ao contexto é o que se denomina Competencia social.

Cando a persoa carece de habilidades sociais pode que afronte as situacións de dúas maneiras diferentes:

  • Evitando as situacións ou accedendo ás demandas dos demais coa finalidade de non se expoñer a enfrontamentos -conduta pasiva-.
  • Elixindo por outros e infrinxindo os dereitos dos demais para obter as súas metas -conduta agresiva-.

As habilidades sociais ou o que tecnicamente se coñece como conduta asertiva consiste

  • en pedir o que queres e negarte ao que non queres dun modo axeitado. 
  • conseguir as túas metas sen danar a outros. 
  • expresar sentimentos e pensamentos, 
  • realizar eleccións persoais 
  • sentirse ben cun mesmo.

domingo, 23 de novembro de 2014

TEL. Trastorno específico da linguaxe

Onte estiven unhas xornadas en Santiago sobre a "inclusión" e un dos talleres tratou sobre o TEL: trastorno específico da linguaxe; trastorno pouco coñecido.
O TEL é un trastorno que afecta principalmente á adquisición e desenvolvemento da linguaxe
oral, e que se pode caracterizar polos dez seguintes atributos:

  1. É específico xa que non existe un déficit intelectual, non hai un trastorno emocional, non hai lesión neurolóxica, non hai déficit sensotial ou motor e non hai problemas familiares que poidan explicar as dificultades da linguaxe do neno ou nena
  2. É grave, non é un simple atraso na adquisición da linguaxe; o desenvolvemento da linguaxe non segue un patrón distinto do habitual
  3. É persistente, é un trastorno duradeiro que afecta á adquisición da linguaxe, prolongase durante a infancia e adolescencia 
  4. É heteroxeneo. Pode afectar a un, varios ou todos os compoñentes da linguaxe e facelo en distintos graos de severidade. Pode estar afectada a expresión pero tamén a comprensión
  5. É dinámica. Adoitan superarse uns problemas e aparecen outros co tempo.
  6. É complexo. O problema principal etá na linguaxe oral pero a maioría dos nenos presentan problemas noutras áreas do desenvolvemento
  7. É frecuente.A prevalencia é entre o dous e o sete por cento
  8. É invisible. Os TEL poden falar polo que os seus problemas non sempre van a resultar evidentes
  9. É de evolución lenta. Evoluciona favorablemente pero necesita tempo e traballo
  10. É xenético. É un trastorno do neurodesaenvolvemento que se transmite xeneticamente

Conferencia de Marc Monfort en xornadas TEL - Valencia



domingo, 16 de novembro de 2014

Os mestres e as mestras

Nenos, estudantes e profesores móstranche que é ser mestre e os valores que leva consigo a profesión


Pequena homenaxe a todas as mestras e mestres que tanto fan polos nosos fillos e fillas