mércores, 17 de setembro de 2014

Funcións executivas nos nenos e nenas con TDAH

Os nenos e nenas con TDAH presentan dificultades na súa intelixencia executiva
"A intelixencia executiva é a que organiza todas as demais intelixencias e ten como obxectivo dirixir ben a acción (mental ou física), aproveitando os nosos recursos cognitivos e emocionais"(JA. Mariña).

Permítenos:
  • Conseguir metas a futuro
  • Ser autónomos
  • Ser responsables
  • Ter tesón e perseveranza
  • Saber soportar o esforzo e aguantar as molestias
  • Saber postergar a gratificación inmediata
O mal funcionamento das FE nos nenos e nenas TDAH fai que no colexio sexan nenos que:
  • Non apuntan as cousas na axenda
  • Non saben cando hai exames
  • Falan en clase polo que traen notas negativas
  • Pola súa impulsividade sáltanse pasos importantes nunha tarefa
  • Non son conscientes dos seus erros mentres fan as tarefas
  • A pesar de aprenderse o contido dun exame, no momento non se activa a súa información en memoria de traballo
  • Mala expresión escrita polas súas dificultades de organización e planificación
Exemplos do mal funcionamento executivo dos nenos TDAH:

INICIACIÓN
  • Escusas para postergar o inicio da tarefa
  • Parece non escoitar cando se lle fala
  • Nega que algunha das tarefas sinaladas haxa que facela (mentira por evitación do esforzo).
  • Búscase unha escusa e monta unha rabecha
  • Xusto ten que facer algo moi importante
  • Necesita que lle digan que empece a facelo aínda que está disposto
MEMORIA DE TRABALLO
  • Non recorda o que ten que facer
  • Non recorda como o ten que facer
  • Non recorda para cando o ten que facer
  • Non apunta as cousas na axenda
  • Ante instrucións longas esquécese a metade
  • Esquécese o que estaba a facer
INHIBICIÓN
  • No medio do seu traballo distráese e non sabe como seguir
  • Interrompe os demais
  • Di cousas inesperadas
  • Cústalle frear os seus propios actos
CAMBIO

  • Non acepta as correccións e monta unha rabecha
  • Moléstase cando lle cambian os plans
  • Non acepta suxestións
  • Di as mesmas cousas unha e outra vez
PLANIFICACIÓN Y ORGANIZACIÓN
  • Cústalle seguir as instrucións que se lle marcan
  • Dificultade na organización da tarefa
  • Deixa todo para o último momento
  • Non sabe o que é prioritario
  • Esquéceselle entregar a tarefa aínda que a teña feita
  • Non sabe calcular o tempo que lle levará facer algo
DEBEMOS AXUDALOS A DESENVOLVER A SÚA INTELIXENCIA EXECUTIVA PARA QUE SEXAN CAPACES DE AFRONTAR CON ÉXITO O SEU PROCESO DE APRENDIZAXE:
  • Facer material e visible o tempo mediante reloxos, cronómetros...
  • Facer material e visibles as normas claras e concretas
  • Facer material e visible a motivación
  • Fragmentar as tarefas
  • Dar tempos de descanso
  • Deixar na mesa soamente o necesario
  • Moito reforzo positivo
RESULTA FUNDAMENTAL
  • Coñecer o funcionamento neuropsicolóxico do neno con TDAH
  • Non é unha cuestión de vontade. Ningún neno "decide" ter dificultades porque el quere. Se as ten é porque carece dalgunha habilidade importante.
  • Compensar as súas dificultades executivas ( por exemplo, supervisar que apunte todo na axenda), como o facemos con nenos con outro tipo de dificultades (nenos que ven mal poñémoslle lentes).
  • O neno non ten capacidade de reflexionar sobre o que lle pasa se non o axudamos.
  • O neno debe crer na súa capacidade. É obriga dos adultos inducir esta crenza - xustificada- nos nenos
OS OBXECTIVOS SON:
  • Adestralos de maneira que poidan chegar a ser autónomos e responsables
  • Que poidan afrontar os desafíos escolares de xeito reflexivo e asertivo
  • Que poidan ser pro-activos, proporcionarlles posibilidades, empurralos á acción, a proxectar, ensinalos a emprender
  • Que aprendan a coñecerse así mesmos (os seus puntos fortes e os seus puntos débiles)
*Documentación obtida das Xornadas TDAH: Actuacións de coordinación institucional e intervención educativa" celebradas en Cangas do Morrazo os días 24 e 25 de xaneiro de 2.014.


Ningún comentario:

Publicar un comentario