sábado, 20 de setembro de 2014

Síndrome de Asperger

A Asociación Galega de familias de persoas afectadas pola síndrome de Asperger: ASPERGA ten un tríptico que explica con toda claridade as características da síndrome de Asperger:

A SÍNDROME DE ASPERGER é un trastorno de orixe neurolóxica enmarcado nos Trastornos de Espectro Autista que se caracteriza por:

1.- Déficits na linguaxe verbal e non verbal.
- Teñen ben preservada a linguaxe pero non comprenden frases de dobre sentido, ironías e chistes : a súa comprensión é moi literal.
- O seu vocabulario é ampio, formal e preciso e soen usar formas extraídas da linguaxe adulta ou das
películas.
- O ton de voz é plano, monótono, inexpresivo.
- Presentan hieratismo corporal, xestualidade inapropiada.
- Non captan o sentido das miradas, xestos, tons e inflexións de voz dos interlocutores.

2.- Déficits na comunicación social.
- Serias dificultades para a conversa social: charlar, debater. Tamén ñas habilidades comunicativas básicas: respectar quendas, seguir o fío da conversa.

3.- Alteracións na reciprocidade social.
- Ausencia de iniciativa na interacción social. Mirada evasiva, periférica.
- Dificultades para relacionarse, ter amigos, participar conxuntamente e os iguais. íllanse.
- Difícilmente comparten os intereses, afectos, normas e convencións sociais dos demais.

4.- Intereses limitados e absorbentes.
- Os seus intereses son moi restrinxidos, raros e absorbentes. Soen acumular moita información acerca
dos mesmos. Poden ata cansar ao interlocutor sen chegar a decatarse.

5.-lnflexibilidade mental e comportamental.
- Excesiva adhesión aos propios puntos de vista e opinións; non teñen en conta as dos demais.
- Necesidade de que todo permaneza invariable; serias dificultades para tolerar os cambios e adaptarse a eles.
- Presenza de rutinas e comportamentos ritualistas.
- Baixa tolerancia á frustración.

6.- Déficits na teoría da mente.
- Dificultades para atribuirlle aos demais estados mentáis: como ideas, intencións, emocíóns ou estados de ánimo, así como para comprender o impacto das súas palabras e actitudes sobre os outros.
- Difícilmente se senten mobílizados para corresponder con actitudes de comprensión, apoio ou solidariedade fronte aos demais.

7.- Frecuentemente teñen torpeza motriz.
- Forma peculiar de andar e moverse; son torpes ñas tarefas e na execución dos actos.
- Embarúllanse coas cousas máis fáciles.

8.- Trazos do seu perfil cognitivo.
- Son "pensadores vísuais": apóianse en imaxes para pensar e comprender; tendo serias dificultades para
pensaren abstracto.
- A súa atención céntrase nos detalles, non captan a globalidade de obxectos e situacións.
- Son bos sistematizadores; sendo competentes en todo o que se rexe por regras
- Acotío presentan serios problemas de atención.
- Teñen dificultades para planificar e organizar os seus pensamentos, comportamentos e tarefas; para
utilizar a información necesaria para a acción; para elaborar argumentos coherentes e para supervisar o seu comportamiento durante a acción.

9.-A cotío teñen hipersensibilidade sensorial.
- Moléstalles o barullo, os ruidos; as texturas, etc.

10.- Dificultades de aprendizaxe.
- Dificultades na comprensión e na expresión; para resumir e sintetizar textos, abstraer ideas, e deducir; para organizar o material e as tarefas; necesitan moitísimo tempo e axudas para aprender os temas e facer os deberes.

As persoas con Síndrome de Asperger son honestas, leáis e incondicionais ñas súas relacións; son inxenuos e transparentes. Teñen serias dificultades para gobernar a súa vida; para seren autónomos Teñen bos puntos fortes sobre os cales basear o seu desenvolvemento para o que precisan da colaboración de todos nos.

QUE FACER CANDO SE SOSPEITA QUE UN NENO/A PODE TER SÍNDROME DE ASPEGER:
- Comunicarllo ao titor/a, e aos país, observar o comportamiento na casa e na escola, colaborar xuntamente familia e profesorado, sopesar a conveniencia da intervención do orientador/a cara a tomar as medidas oportunas para unha valoración ou diagnóstico.
- Ter ao corrente ao médico/a de familia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario