luns, 29 de setembro de 2014

Os grupos de whatsapp

Quen non utiliza whatsapp, quizais a aplicación de telefonía móbil máis popular da actualidade?
Unha aplicación gratuíta, instantánea e que se pode enviar multimedia.
Unha das súas funcións son os grupos de whatsapp onde as persoas que forman parte do grupo intercambiar mensaxes, podendo participar todos á vez na conversación.
Os grupos de whatsapp estendéronse entre as nais e pais dos alumnos e en todas as clases existe o "grupo de whatsapp de mamás de clase"

Estes grupos son moi prácticos xa que:
  • Intercámbiase e coméntase información referente á clase e aos nenos: sobre os deberes, estudos...
  • Pásanse noticias que poden ser importantes para todos: charlas, reunións, noticias do colexio...
  • Utilízanse como unha forma de organización e de poñerse de acordo: os aniversarios, os disfraces, traballos en grupo...
Pero por desgracia, en moitos casos, o uso do "grupo de whatsapp de pais e nais" deixa de ser positivo como o era ao principio porque:
  • Fanse críticas destrutivas cara aos profesores: que se manda moitos deberes, que se mandan poucos, que se berra moito, que se é moi brando, que se é moi duro...
  • Noutros casos as críticas diríxense cara ao resto de pais, os que non están no grupo...
  • Ás veces nos grupos sobe o nivel e das críticas ao profesorado e ao centro educativo, pásase ao insulto, á mentira ou á calumnia...
  • Cuestiónase o labor do profesor ou do centro: que se o director, que se o xefe de estudos, que se o colexio...
As consecuencias  disto non son nada boas:
  • Pouco a pouco todo se enfoca cara ao lado negativo.
  • Créanse malos entendidos 
  • Xérase resentimento cara ao profesorado e cara ao centro
  • Créase unha imaxe negativa do centro e dos profesores dos nenos
O que temos que ter claro que o que está en xogo é a educación dos seus fillos e na educación dos seus fillos ou os profesores son os seus colaboradores ou non existirá unha verdadeira educación polo tanto é conveniente que:
  1. Utilicen o whatsapp axeitadamente. Iso quere dicir, úseno para intercambiar información, organizarse... estar informado.
  2. Se forma parte dun grupo de whatsapp e comezan a utilizarse inadecuadamente, é dicir, criticar, poñer en cuestión, murmurar... intente cortalo dicindo que ese uso non é adecuado, que iso non beneficia aos seus fillos ......
  3. Abandone o grupo se o intento de cortar o mal uso non foi eficaz xa que será cómplice por omisión do que no grupo xera
  4. Calquera queixa que teña sobre a educación dos seus fillos non a trate de solucionar nin no whatsapp, nin a porta do colexio nin na cafetaría........ FALE CO PROFESOROs profesores, como profesionais, lles darán os seus argumentos e creánme, que se están equivocados, a maioría adoita rectificar e cambiar: ninguén quere ter problemas coas familias.
Así que a recomendación é que cando participe nos grupos de whatsapp do colexio dos seus fillos pense se o seu emprego beneficia a súa educación.

2 comentarios:

  1. Interesante post.

    Gustariame saber se nos vosos grupos tamén se ten dado en algunha ocasión a problemática de cadeas de mensaxes - presumiblemente falsas, ou cando menos de orixe non contrastada - sobre avisos de secuestro de nenos e similares; e como foi abordada esa cuestión en cada grupo.

    Moitas gracias!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, perdoa que non che contestase antes pero estiven moi liado
      Existen os grupos de whatssap de profesores, pero utilízanse para cousas lexislativas: informar que saíu o concurso de traslados, se teño dereito a presentarme ao consello escolar, que documento teño que presentar a inspección, etc
      Un saúdo

      Eliminar